spot_img
InicioPontevedra e ÁreaExposición “Pintando soños” de Paco Casal

Exposición “Pintando soños” de Paco Casal

Exposición Pintando SoñosA sede de Turismo Rías Baixas acolle a exposición do pintor Paco Casal “Pintando soños”, do 10 ó 24 de outubro.

A súa pintura, fundamentalmente paisaxista, trata temas referentes a tradicións, lendas, contos ou naufraxios, reais e inventados. Ademais, adoita acompañar cada cadro dun relato curto, a modo de introdución e presentación do traballo.

  • Entrada libre e gratuíta
  • Horario:
    • de luns a venres, de 9:00 a 20:00 h
    • sábados de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
    • domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h
- Publicidade -spot_img