spot_img
InicioCondado ParadantaÉxito do I Mercadiño Solidario organizado polo CEIP Antonio Blanco na praza...

Éxito do I Mercadiño Solidario organizado polo CEIP Antonio Blanco na praza Mestre Cerviño de Covelo

exito-do-i-mercadino-solidario-organizado-polo-ceip-antonio-blanco-na-praza-mestre-cervino-de-coveloA iniciativa do centro escolar conseguíu recadar 161 kg de pasta e legumes,
90 latas variadas de alimentos non perecedoiros, 25 paquetes de galletas e 42 litros de leite, entre outras achegas

 

O Concello de Covelo agradece ao CEIP Antonio Blanco Rodríguez a organización do  I Mercadiño Solidario celebrado na praza Mestre Cerviño a favor do banco de alimentos do Concello e das protectoras de animais Rescue Cañiza e Asociación de Rescate Animal Ohana.

A iniciativa do centro escolar conseguíu recadar 161 kg de pasta e legumes,
90 latas variadas de alimentos non perecedoiros, 25 paquetes de galletas, 42 litros de leite, chocolate, cereais solubles, produtos de hixiene feminina e produtos para bebés, entre outras achegas. Ademais, recadaron sacos e latas de comida para animais que agora serán repartidos nos refuxos participantes.

Durante a mañá do venres 26, e co apoio da ANPA, o alumnado cambiou libros por axuda promovendo así a lectura e a solidariedade na sociedade. O Concello de Covelo convida a seguir o exemplo da nosa infancia que se amosa comprometida e sensible hacia as situacións máis desfavorecidas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.