spot_img
InicioO MorrazoBueuBueu celebra este sábado a IX Bandeira de Traineriñas

Bueu celebra este sábado a IX Bandeira de Traineriñas

VII Bandeira de Traineriñas Concello de BueuBueu acollerá o próximo sábado, 4 de maio, a regata IX Bandeira de Traineriñas, unha proba organizada polo Club do Mar Bueu Simei e o Concello de Bueu, que se poderá seguir dende o peirao da vila a partir das 16.30 horas e na que participarán un total de 41 embarcacións pertencentes a once clubs.

Revista Cousas de nº21

Así se anunciou na rolda de prensa celebrada este xoves, na que estiveron presentes Félix Juncal, alcalde de Bueu, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e Javier Pazos, da directiva do Club do Mar Bueu Simei.

No campionato participarán traiñeiriñas das categorías cadetes, xuvenís e absoluta, tanto en masculino como en feminino, e cuxos barcos gañadores se farán coas correspondentes bandeiras conmemorativas da proba.

A organización agarda a participación dunha corentena de embarcacións dos clubes da Zona Territorial Sur. Segundo os datos do Club do Mar Bueu, os clubs que competirán coas diversas embarcacións son Bueu, Samertolameu, Chapela, Mecos, Robaleira, Tirán, Cesantes, Virxe da Guía, Coruxo, Vilaxoán e Moaña.

O percorrido consta de 3500 metros e irá dende o peirao de Bueu cara a praia de Portomaior, e a organización agarda contar con arredor de trescentos remeiros e remeiras.

- Publicidade -spot_img