spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDeza e Tabeirós - Terra de MontesÉxito de público, participación e organización do mundial de Enduro no Deza

Éxito de público, participación e organización do mundial de Enduro no Deza

exito-de-publico-participacion-e-organizacion-do-mundial-de-enduro-no-dezaO International 6 Days Enduro, coñecidas como as olimpíadas deste deporte, celebrou a súa edición número 98 —a primeira vez que se fai en Galicia— entre o 14 e o 19 de outubro en Galicia.

Revista Cousas de Nº23

Co recinto da Semana Verde de Silleda como centro de operacións e punto de entrada e saída de cada unha das xornadas, nas que houbo tramos que discorreron polo territorio de Lalín, A Estrada e tamén Silleda, ademais de O Irixo e Santiago de Compostela. Seis días de motociclismo que atraeu ata a comarca do Deza a milleiros de afeccionados ao motociclismo e arredor de 600 de pilotos de 33 países de todo o mundo.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López participou en Silleda na clausura do International 6 Days Enduro coa entrega de trofeos aos gañadores

Luis López, reafirmou a condición de que Pontevedra é “a provincia do deporte” na cerimonia de clausura do International 6 Days Enduro, o campionato mundial máis importante desta disciplina do motociclismo, que se celebrou ao longo desta semana cos concellos de Silleda, Lalín e A Estrada entre os escenarios da competición. O mandatario provincial foi un dos encargados de entregar os trofeos aos gañadores das distintas categorías xunto co presidente da Federación Internacional de Motociclismo, Jorge Viegas.

“Elixir esta provincia para organizar calquera evento deportivo é sinónimo de éxito”, subliñou Luis López facendo referencia á experiencia que atesora a provincia á hora de organizar eventos de repercusión internacional. “Unha fórmula do éxito” que, segundo López, ten moitos autores. “O Concello de Silleda, Lalín e A Estrada, por poñer todos os medios e dar todas as facilidades para desfrutar dun evento masivo. A Federación Galega de Motociclismo, polo excelente traballo que levan facendo, non só para este mundial, senón ao longo de moitos anos e que desembocou con esta cita histórica e merecida. A Federación Internacional, por confiar en nós. A pilotos e equipos que nos brindaron un espectáculo único. E tamén unha mención especial á afección que demostrou que a esta provincia o motor, as motos e a velocidade, sempre co máximo respecto e coidado polo medio natural, nos tira moito”, agradeceu o presidente provincial.

Finalmente, recalcou Luis López no seu discurso de clausura desta competición que a Deputación seguirá na mesma liña: “tendendo pontes con todos os colectivos, apostando polo deporte e polo turismo deportivo e afondando na descentralización dos grandes eventos, fixémolo co deporte, organizando este mundial de enduro e farémolo coa Cultura, traendo ao Deza a gala de entrega dos Premios Mestre Mateo”, concluíu o presidente da Deputación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.