·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVigo e áreaRedondelaÉxito da xornada 'As mulleres tamén somos ciencia' na que participaron máis...

Éxito da xornada ‘As mulleres tamén somos ciencia’ na que participaron máis de 200 alumnos e alumnas dos institutos de Redondela

Éxito da xornada 'As mulleres tamén somos ciencia' na que participaron máis de 200 alumnos e alumnas dos institutos de RedondelaA iniciativa foi valorada moi positivamente tanto polo alumnado como polo profesorado dos centros que pediron a súa continuidade

Dende as 10:30 horas de hoxe venres, tiña lugar en Redondela a xornada ‘As mulleres tamén somos ciencia’, organizada polas Concellerías de Igualdade e Ensino, que xestionan a alcaldesa Digna Rivas e Olga García, respectivamente, unha iniciativa que buscaba animar ás mozas a optar polos estudos científicos e técnicos e que, debido á actual situación de emerxencia sanitaria, desenvolveuse baixo o formato online. A actividade estaba dirixida ao alumnado de 4º da ESO dos catro institutos redondeláns –máis de 200 alumnos e alumnas– que terán que elixir o tipo de bacharelato a cursar no vindeiro ano.

Era a primeira vez que o Concello de Redondela organizaba unha iniciativa deste tipo e o resultado “non puido ser mellor”, aseguro a alcaldesa Digna Rivas. Mozas e mozos seguiron con interese as intervencións da doutora en Química e profesora da Universidade de Vigo, María Álvarez Lires e da redondelá Xunqueira Ezara, enxeñeira aeroespacial. Logo mantiveron un diálogo aberto coas dúas relatoras que responderon as súas preguntas e animaron ás mozas a optar polos estudos técnicos e científicos “que non son exclusivos dos homes como puideron comprobar hoxe a través do exemplo de dúas mulleres que son referentes nos seus campos de traballo”.

Rematada a actividade, profesorado, alumnos e alumnas amosaron o seu interese en que esta xornada se manteña no tempo e, se as condicións o permiten, facelo de forma presencial, o que permitiría unha maior interacción entre os rapaces e rapazas e as conferenciantes.

“Temos unha mocidade extraordinaria e comprometida” afirmou Digna Rivas unha vez rematada a xornada, “e actividades como a que hoxe desenvolvemos amosan, e así o entenderon non só as rapazas senón tamén os rapaces, que non hai estudos ou carreiras distintas para homes e mulleres, e iso e un paso importante cara a unha igualdade real”.

“Queríamos romper estereotipos e creo que o conseguimos e María Álvarez Lires e Xunqueira Ezara, permitiron que a nosa mocidade tomase contacto directo con mulleres que, hoxe en día, son referencia en diferentes eidos do mundo da ciencia”, apunta Rivas.

A rexedora local expresou a súa intención de “dar continuidade a unhas xornadas que, esperemos, no vindeiro ano se poidan celebrar xa de xeito presencial”.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies