spot_img
InicioAlto MinhoA Eurocidade Tui-Valença  acolle a reunión da Federación de Academias de Gastronomía...

A Eurocidade Tui-Valença  acolle a reunión da Federación de Academias de Gastronomía de los Caminos de Santiago

Tui contratará a 22 persoas ao abeiro do Plan de Concellos da Deputación ProvincialA Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana unha reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago.

A primeira cita do programa previsto tivo lugar no Parador Nacional de Turismo San Telmo de Tui cunha reunión para admitir coma membro da Federación á Academia de Gastronomía Portuguesa do Camiño de Santiago. Con esta incorporación pasan a ser unha federación de carácter internacional, tendo amais solicitudes de academias francesas e italianas. Posteriormente os asistentes visitarán a Quinta do Amarál en Portugal e de regreso a Tui realizarán unha visita guiada ao conxunto histórico.

Mañá ás 9.30h no Parador manterán unha nova reunión de traballo á que asistirán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Turismo, Andrés Urseira, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.

Posteriormente desprazaranse até O Rosal para realizar unha visita á adega Terras Gauda. A xornada concluirá cunha visita á Fortaleza de Valença.

Dende a súa creación en 2012 a Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago, ten por obxectivo promocionar a gastronomía e os produtos dos lugares por onte transcorre o Camiño de Santiago. Traballa amais na investigación da cultura gastronómica vinculada á ruta xacobea. A Federación está formada polas academias gastronómicas por onde pasa algúns dos Camiños de Santiago, en concreto de Galicia, Castela e León, Asturias, Extremadura, País Vasco, Rioxa, Navarra e Cantabria.

A celebración en Tui desta reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago pon de relevo nunha nova ocasión a importancia que o Camiño de Santiago ten para o municipio en moi diversos ámbitos dende o turístico, cultural, social, económico e tamén gastronómico.

 

- Publicidade -spot_img