spot_img
InicioO MorrazoMarínEstudantes de Pontevedra renden unha homenaxe literaria ás "Bravas do Mar"

Estudantes de Pontevedra renden unha homenaxe literaria ás “Bravas do Mar”

Estudantes de Pontevedra renden unha homenaxe literaria ás Bravas do MarA Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín entregou os premios do certame literario que organizou con motivo da súa campaña para visibilizar o labor das mulleres na pesca.

Na súa travesía a favor da igualdade no sector da pesca, Opromar lanzou antes da pandemia unha iniciativa destinada a visibilizar, para así recoñecer e homenaxear, o labor dun grupo de mulleres que forman parte do día a día da actividade pesqueira de Galicia. Un traballo que comezou en 2018 coa presentación dun informe da Universidade de Vigo -encargado pola propia organización- sobre a realidade das profesionais cunhas cifras negativas en aspectos como a equiparación salarial ou a igualdade de oportunidades.

Dous anos despois, un grupo de estudantes de tres colexios e dous institutos de Pontevedra, de entre 10 e 13 anos, honraron ás “Bravas do Mar” escribindo historias baseadas nalgunha muller da súa familia ou en personaxes creados por eles mesmos. A través dos seus textos, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria de O Sequelo, Campolongo, Carballal, e os de 1º e 2º de ESO de Chan do Monte e Illa de Tambo denunciaron a necesidade de igualdade entre homes e mulleres, á vez que reivindicaron todo o protagonismo para estas profesionais.

Durante os meses de confinamento, estudantes de entre 10 e 13 anos de varios centros de Primaria e Secundaria da provincia traballaron co material didáctico de “#EUSonBrava”.

Estes textos, un total de 100 obras, xunto coas Bravas que protagonizaron o material sobre o que traballaron nestes meses, foron os grandes protagonistas da gala celebrada onte no Edificio da Xunta de Galicia en Pontevedra, presidida pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana; o secretario adxunto de Opromar, Francisco Teijeira, e a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro.

A conselleira, unha das Bravas, felicitou unha por unha ás súas compañeiras nesta campaña e destacou o valor desta iniciativa de Opromar pola súa capacidade de visibilizar ás profesionais do mar. Rosa Quintana insistiu na necesidade de levar a cabo proxectos que axuden a poñer en valor o papel da muller como o de Opromar e tantos outros que levan a cabo desde o departamento que dirixe.

Os gañadores foron anunciados o luns, a través de videoconferencia, polo director xerente de Opromar, Juan Martín Fragueiro.

Pola súa banda, os profesores e titores dos centros que participaron en #EUsonBrava foron os encargados de recoller as camisetas realizadas con motivo desta iniciativa para entregar aos estudantes que gañaron o certame, anunciados o pasado luns por videoconferencia polo director xerente de Opromar, Juan Martín Fragueiro. Tamén subiron ao escenario da delegación da Xunta en Pontevedra as bravas do vídeo, que foron obsequiadas pola organización cunha figura. As Bravas máis didácticas.

Para visibilizar o labor da muller na pesca, Opromar realizou a principios deste ano un documental e un libro cos testemuños de once mulleres do Rosal, Viveiro, Ribeira, Ourense, Bueu e Pontevedra, que achegaron as súas vivencias nun mundo considerado erroneamente de homes pero no que a muller sempre tivo un papel fundamental. Patroas de pesca, xestoras de empresas, investigadoras, armadoras, rederas e encargadas de lonxa ofreceron o seu punto de vista sobre o sector, relatando en primeira persoa a súa experiencia nunha actividade na que o home sempre gozou dun recoñecemento que á muller negóuselle.

O material que forma parte da campaña “#EUsonBrava” atópase dispoñible na súa propia páxina web (www.bravasdomar.opromar.com), tanto en castelán como en galego. A intención de Opromar é traducir tanto o libro como o documental ao inglés para chegar a un maior número de estudantes.

- Publicidade -spot_img