Inicio Baixo Miño Este ano a 'Andaina de San Telmo' formará parte da Campaña do mes...

Este ano a ‘Andaina de San Telmo’ formará parte da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia

Dentro da programación das Festas de San Telmo de Tui, a andaina programada para o sábado día 7 e promovida pola Eurocidade, formará parte este ano da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia e que está promovida pola Comisión de Protección de Crianzas e Mozos de Valença (CPCJ) e o Concello de Tui

Este sábado 7 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, dende o Palco da Música, no Paseo da Corredoira de Tui, sairá a Andaina de San Telmo, que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.

Esta andaina terá unha percorrido de 8 quilómetros, de dificultade baixa cunha duración aproximada de dúas horas e media.

As inscricións están abertas, como nas edicións pasadas, a través da páxina web do Club Andatui Rego da Pedra, en http://www.andatui.es/andainas-saudables-eurocidade/.

Nesta edición, a andaina será gratuíta ao entrar dentro da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia, promovido pola CPCJ de Valença e o Concello de Tui, onde o obxectivo primordial desta campaña e concienciar á comunidade da importancia da prevención dos malos tratos na infancia e para a valorización dos nenos en canto suxeitos de pleno dereito. Por isto, se pide que os participantes acudan cunha prenda de cor azul.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies