spot_img
InicioBaixo MiñoO estado de deterioro no litoral do esteiro do Miño chega aos...

O estado de deterioro no litoral do esteiro do Miño chega aos parlamentos Galego e Español

estado-deterioro-no-litoral-do-esteiro-do-mino-chega-aos-parlamentos-galego-e-espanolHoxe visitaron a zona do esteiro do Miño, que está sufrindo estragos no litoral, a deputada do parlamento Galego e portavoz de medio ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, e o deputado no parlamento Español, pola provincia de Pontevedra, Guillermo Meijón.

O obxectivo da visita dos deputados, aos que acompañaron o os membros do equipo de goberno municipal, é coñecer de primeira man os efectos destrutivos que o río está a producir en dous puntos do litoral: a zona da praia Lamiña-O Forte e a zona do Codesal. Eles trasladarán este problema aos parlamentos Galego e Español, con sendas iniciativas que pidan responsabilidades aos gobernos e para que atendan as demandas feitas dende o concello.

En días pasados o concello solicitou, das administracións que teñen competencias no litoral do río que está a sufrir este proceso de destrución, a tramitación de emerxencia das actuacións que paren o proceso e que permitan a recuperación da praia.

O alcalde, Antonio Lomba, dirixiu unha carta a Costas do Estado, Consellería de Medio Ambiente e a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, reclamando accións urxentes, dado o acelerado deterioro da liña da costa no esteiro do Miño a causa do recente temporal

Nesta liña, a erosión das mareas e outros fenómenos influentes no nivel do río «veñen producindo unha perda notable de terreo e zona dunar dende hai anos», indica Lomba, que cuantifica o retroceso do terreo na praia da Lamiña en preto 2 metros nos últimos días, co consecuente derrube de numerosas árbores no proceso. Neste punto existe, ademais, o risco de que a auga rompa o cordón dunar e acade a coñecida como «cova do Forte», unha zona onde o nivel do terreo é máis baixo ca o do río, provocando o seu asolagamento e a consecuente perda da barreira de dunas e de zona boscosa do Feno.

As consecuencias da acción das correntes fluviais e a acción do mar durante os últimos días tamén se poden comprobar na zona do Codesal, onde un tramo de escolleira reparado por Costas en 2016 resultou derruído. Esta obra de contención foi realizada seguindo os criterios ditados por Medio Ambiente, facendo uso de sacos de area e sementes para que a vexetación -que nunca chegou a xerminar- protexera a costa. «Esta solución, que pode funcionar nas canles dos ríos, ten demostrado non ser útil no esteiro do Miño», considera o rexedor local, que apunta ao organismo  autonómico como «responsable» da deterioración da zona.

Encontro con Costas

A xefa do Servizo Provincial de Costas, Cristina Paz-Curbera, visitou o pasado 27 de febreiro a praia da Lamiña, a fin de comprobar o deterioro do areal. Nesta ocasión, Paz-Curbera comprometeuse a solicitar un informe técnico ao Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX) de forma inmediata, así como unha proposta de actuación no areal.

Na situación actual, o Concello da Guarda esixe a tramitación de emerxencia das obras de reparación e contención nas zonas da Lamiña e o Codesal, co obxectivo de evitar consecuencias maiores sobre o terreo e o aumento dos custes económicos que estes danos poidan ocasionar.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.