spot_img
InicioVal MiñorNigránO espazo natural do Esteiro do Miño e a Foz da Ramallosa...

O espazo natural do Esteiro do Miño e a Foz da Ramallosa será o escenario do segundo dos roteiros “Voando nas Rías Baixas”

espazo-natural-do-esteiro-do-mino-e-foz-da-ramallosa-sera-escenario-do-segundo-dos-roteiros-voando-nas-rias-baixas
Esteiro do Miño

Este domingo con motivo do Día Mundial dos Humedáis a Deputación de Pontevedra quere sumarse a súa celebración coa ruta “Voando nas Rías Baixas” no esteiro do Miño e na Foz da Ramallosa, espazo natural que será escenario do segundo dos tres roteiros gratuítos impulsados este ano pola Deputación coa colaboración de SEO BIRDLIFE.

A Deputación de Pontevedra únese a celebración do “Día Mundial dos Humidais 2018” coa celebración dunha nova ruta ornitolóxica no esteiro do Río Miño e na Foz da Ramallosa que se celebra este domingo día catro de febreiro coa colaboración da sección pontevedresa da organización SEO-Birdlife baixo o nome de “Voando nas Rías Baixas”.

A Ramallosa-2015-ano-crucial-espazos-da-Rede-Natura-2000
Foz do Miñor

Uníndose a esta conmemoración a Deputación programou a visita á Foz da Ramallosa e ao Esteiro do Río Miño por tratarse de dúas zonas próximas a zonas habitadas e que conteñen unha grande variedade de especies de aves. Así, falamos de zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur. Así, podemos atopar limícolas como mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías como patos, garzas, mergullóns ou pentumeiros. Tamén se poden ver aves rapaces, entre as que destacan a gatafornela, o lagarteiro cincente e a aguia peixeira, podendo observar a súa espectacular forma de pesca. O interese que suscita esta iniciativa medioambiental da Deputación de Pontevedra ponse de manifesto polo esgotamento das prazas dispoñibles para este roteiro en apenas 24 horas.

Xunto a esta visita conforman “Voando nas Rías Baixas” a ruta guiada ao Complexo Intermareal Umia-O Grove (que tivo lugar o pasado 21 de xaneiro) e ás Brañas de Xestoso (prevista para maio de 2018). A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unha semanas xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos.

O “Día Mundial dos Humidais 2018”, celébrase este ano baixo o epígrafe dos “humidais para un futuro urbano sostible”, e quere poñer de manifesto a importancia de contar con zonas humedais preto das cidades e a súa necesidade de preservación dada a súa importancia no benestar dos cidadáns. De feito a declaración da convención Ramsar (Convención sobre os humidais asinada por máis de 140 países o dous de febreiro de 1971) destaca que “durante as tormentas, os humidais urbanos absorben el exceso de precipitacións, reducindo as inundacións nas cidades e evitando desastres e os seus correspondentes costes. A abundante vexetación que existe nos humidais urbanos sirve de filtro para os refugallos urbanos e axudan a mellorar a calidade da auga”. A declaración deste día mundial reclama que os humidais sexan integrados nos plans de desenvolvemento e xestión das cidades “polos beneficios económicos, sociais e culturais que poden aportan aos cidadáns”.

A Deputación de Pontevedra está a apostar polo turismo ornitolóxico como unha nova modalidade para coñecer a provincia. Deste xeito, xunto con estas novas rutas, a institución provincial patrocinou no 2017 o documental “España, la tierra prometida” na que as Rías Baixas protagonizaron tres dos catro capítulos que o conforman.

 

- Publicidade -spot_img