A psicóloga, Noa Pereiro, impartirá unha charla gratuíta este xoves ás 20.00 horas no Museo M. Torres
O Concello de Marín está a preparar unha ambiciosa campaña xunto a Asociación Érguete para previr as adiccións entre os e as menores do municipio e da comarca. Unha das primeiras intervención deste proxecto será este xoves ás 20.00 horas no Museo M.Torres coa charla “Que deben saber as familias sobre as adiccións” que impartirá a psicóloga, Noa Pereiro, con entrada gratuíta ata completar aforo.
A concelleira, Mónica Viqueira, anima a todos os pais, nais e persoas interesadas en asistir a unha charla que nos ensinará “como se deben traballar as adiccións no contexto familiar, que variables poden influír na infancia e na adolescencia para ter unha adicción”, e na que “desenvolvemos un aportado propia para falar do consumo excesivo de novas tecnoloxías”.
Viqueira tamén destaca que “vale moito a pena escoitar a Noa Pereiro”, unha psicóloga colexiada con ampla formación e experiencia en áreas moi diferentes e fundadora do Centro de Psicoterapia Verea, un innovador proxecto que non deixa de crecer.