spot_img
InicioBaixo MiñoÉrguete Baixo Miño, abre o prazo de inscrición para participar na actividade...

Érguete Baixo Miño, abre o prazo de inscrición para participar na actividade formativa “Non te pares, Érguete! Formación e Activación cara a procura de Emprego”

erguete-baixo-mino-abre-o-prazo-de-inscricion-para-participar-na-actividade-formativa-non-te-pares-erguete-formacion-e-activacion-cara-a-procura-de-empregoA Asociación Érguete Baixo Miño, abre o prazo de inscrición para participar na actividade formativa “Non te pares, Érguete! Formación e Activación cara a procura de Emprego”, que dará comezo o martes día 13 de xuño. Trátase dun taller dirixido a todas aquelas persoas desempregadas que desexen adquirir ferramentas e actitudes favorecedoras para á procura de emprego.

Duración: 70 horas

Lugar realización: Aula Asociación Érguete Baixo Miño

Horario: de 09:00 a 14:00 h (5h./día)

Calendario: Martes, xoves e venres

 

Os contidos que se van impartir son:

Módulo 1 – a procura de emprego como un proceso de venda (25 h.)

1.Deixando atrás o síndrome do desempregado/a

2.- Antes de venderme, coñezo me a min mesmo/a

3.- Teño moito que aportar?

4.- Preparo os meus argumentos de venda

 

Módulo 2 – Cómo atopar traballo (10 h.)

1.Creo a miña estratexia para a procura de emprego

2.- A diferenciación como clave do éxito

 

Módulo 3 – Ferramentas clave para atopar traballo (35 h.)

1.O CV tradicional contra o CV de impacto.

2.- Redactando unha carta de presentación gañadora

3.- Cómo presentar a miña candidatura de xeito eficaz

4.- Onde buscar atopar traballo

5.- Conquista ao/a seleccionador/a no cara a cara

6.- Simulacro de entrevista

 

Módulo 4 – Encontro con Empresas (10 H.)

Contacto directo coas empresas da zona do Baixo Miño e arredores, para coñecer de primeira man información sobre qué buscan nos seus/súas potencias traballadores/as ou que perfís soen requirir.

O curso é totalmente gratuíto. Está financiado pola da Deputación de Pontevedra e polas cotas dos/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño.

Podes solicitar máis información e/ou inscribirte na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), nos teléfonos 986 614 407 – 640 086 376 ou no e-mail  emprego@erguete.org

- Publicidade -spot_img