spot_img
InicioVal MiñorNigránEntregan á protectora BaiSenpulgas 800 en alimentación para os cans e gatos...

Entregan á protectora BaiSenpulgas 800 en alimentación para os cans e gatos que teñen enfermos

Entregan á protectora Baisenpulgas 800 en alimentación para os cans e gatos que teñen enfermosTrátase de piensos e latas para animais con problemas renais ou gastrointestinais, todo adquirido nunha clínica local

 O Concello de Nigrán entregou esta semana á protectora de animais do Val Miñor BaiSenpulgas alimentación por valor de 800 € para cubrir apropiadamente as necesidades básicas dos seus cans e gatos enfermos. O Concello atendeu así a demanda realizada en redes sociais por Baisenpulgas e adquiríu nunha clínica do municipio 90 kg de pienso e 72 latas de comida húmida para garantir durante os vindeiros meses a dieta especial que precisan os seus 8 cans e 2 gatos con problemas crónicos (a maioría con enfermidades gastrointestinais ou renais).

“A crise sanitaria do Covid-19 tamén afecta á donación de alimentos ás protectoras e, consecuentemente, aos seus animais, especialmente aos enfermos, porque deben seguir unha dieta especial que ten un custe adicional, tal e como explicou a protectora en redes sociais”, subliña o alcalde, Juan González, quen engade que a compra do Concello está precisamente destinada a estes animais enfermos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.