spot_img
InicioVal MiñorGondomarEntrega do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns

Entrega do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns

Entrega do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de MorgadánsComo todos os anos nestas datas temos o pracer de informar que celebraremos a VII entrega consecutiva do Premio de Poesía Victoriano Taibo  – Entidade Local de Morgadáns. Galardón que este ano correspondeu por decisión do xurado á escritora Lara Rozados Lorenzo pola obra O caderno amarelo. O acto, como sempre coordinado e deseñado coidadosamente polo noso compañeiro Miguel Anxo Mouriño, terá lugar como é tradición na Escola de Guillufe (onde exercera a docencia o mestre Victoriano Taibo), o vindeiro sábado 15 de novembro a partir das 19:30 horas.

Música, teatro e poesía tecerán este acto cultural onde a gañadora, Lara Rozados Lorenzo , recibirá o premio consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, O caderno amarelo, que se presentará neste acto. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, será conducido pola escritora Rexina Vega.

Como é tradición, a banda de gaitas Balcón do Miñor abrirá o evento ao son da música tradicional. Posteriormente a escritora Rexina Vega fará unha breve disertación sobre a figura de Victoriano Taibo. A continuación lectura da acta do xurado e entrega dos premios e un breve recital da gañadora desta edición, Lara Rozados.

A gala continuará coa escenificación de O Tiriñas, a cargo do grupo local de arte afeccionado Bertorella. O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián pechará o acto.

Unha vez clausurado o acto, o público está convidado ao albaroque que terá lugar no soto do edificio, amenizado polo grupo Balcón do Miñor.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.