spot_img
InicioVal MiñorBaiona"Xornada sobre Agresións Sexuais" do Programa IRENE no Concello de Baiona

“Xornada sobre Agresións Sexuais” do Programa IRENE no Concello de Baiona

Concello de Baiona abre o período de inscrición á "Xornada sobre Agresións Sexuais" do Programa IRENE.O Concello de Baiona abre o período de inscrición á “Xornada sobre Agresións Sexuais” do Programa IRENE.

O 25 de novembro no Parador Conde de Gondomar de Baiona de 16h a 20h, terá lugar a Xornada sobre Agresións Sexuais dirixida a toda a cidadanía. Esta Xornada é a primeira acción do Programa IRENE de información, formación e prevención da violencia sexual en mozas e adolescentes, -programa impulsado polo Instituto da Muller e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no ámbito do Programa Operativo Loita contra a discriminación de programación 2007-2013 e, polo Concello de Baiona-.

Clarificar e reflexionar sobre estas cuestións é o obxectivo desta Xornada, onde expertas e expertos do ámbito Xurídico, Sanitario, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e da Sociedade da Información, abordarán esta problemática desde as súas competencias profesionais. Para asistir a esta Xornada é necesario inscribirse previamente a través da dirección electrónica xornadasbaiona.programairene@gmail.com ou, nos teléfonos 986.377.794 – 986.357.554 ou, directamente no Centro Municipal de Información á Muller de Baiona.

O programa IRENE continuará o seu percorrido, durante o próximo ano, formando a mozos sobre como detectar e romper situacións de violencia sexual no seu día a día, tamén ofrecendo foros de reflexión e debate entre as e os profesionais que traballan directamente con vítimas de violencia sexual, pondo en marcha un espazo virtual onde envorcar toda a información e reflexións que se xeren sobre o programa e a temática da violencia sexual e de xénero na mocidade.

- Publicidade -spot_img