spot_img
InicioReportaxesEntrega do millón de compromisos polo clima logrados en España grazas á...

Entrega do millón de compromisos polo clima logrados en España grazas á sociedade civil e entidades públicas e privadas

entrega-do-millon-de-compromisos-polo-clima-logrados-en-espana-grazas-a-sociedade-civil-e-entidades-publicas-e-privadas

No marco do Cumio do Clima (COP 21) que se celebra en París, a ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, entregou hoxe á secretaria executiva da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), Christiana Figueres, os máis de 1.100.000 compromisos polo clima logrados ata o momento no marco desta iniciativa que impulsan en España o Ministerio e a Fundación ECODES.

Durante a súa visita ao Cumio do Clima, García Tejerina felicitou ás máis de 750 entidades públicas e privadas e aos miles de cidadáns que se comprometeron na loita contra o cambio climático, o que, segundo a ministra, ‘demostra o alto grao de compromiso e concienciación que están a adquirir os españois para lograr un cambio de modelo económico e unha sociedade máis sustentable’.

A iniciativa “Un Millón de Compromisos por el Clima” púxose en marcha o pasado mes de xuño co obxectivo de sensibilizar a cidadáns, empresas, administracións públicas e organizacións e entidades sociais do noso país contra o cambio climático.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.