spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaEncontro do escritor e guionista Carlos Vila Sexto cos clubs de lectura...

Encontro do escritor e guionista Carlos Vila Sexto cos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Redondela

Los Misterios de Laura.jpg1

Os clubs de lectura de Redondela celebrarán un encontro o próximo 13 de marzo co escritor e guionista Carlos Vila Sexto na Biblioteca Municipal

Carlos Vila Sexto foi un escritor precoz, aos 13 anos publicou o seu primeiro libro en galego, Alén da aventura, que obtivo o primeiro premio de Narracións Xuvenís Rúa Nova, pronto chegaron Gárgola, co que repetiu galardón, e Cara á fin da luz. En 2009 retomou a súa faceta literaria con As sete mortes, título co que conquistou o premio Fray Martín Sarmiento ao mellor libro do 2011.

Así mesmo é un recoñecido creador e guionista de series como Los Misterios de Laura (TVE), Motivos Personales, Acusados (Telecinco) e Un lugar en el mundo (Antena 3), faceta que desenvolveu en varias ocasións xunto a Javier Holgado
Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso que doou 20 exemplares da novela aos clubs de lectura de Redondela.

 

Encontro do escritor e guionista Carlos Vila Sexto cos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Redondela

- Publicidade -spot_img