spot_img
InicioVal MiñorGondomarGrande éxito do C.P. A Gondomar no campionato de Niveis de Patinaxe...

Grande éxito do C.P. A Gondomar no campionato de Niveis de Patinaxe Artística

Grande-éxito-C.P. -Gondomar-campionato-Niveis-Patinaxe-ArtísticaO Club séntese moi satisfeito de como transcorreron as xornadas, e o grande éxito de aforamento que este ano superou as previsións de participantes.

O C.P.A. Gondomar presentou dez patinadores/as da canteira, que viron recompensado o seu esforzo, demostrando sobre a pista as súas calidades e preparación, logrando o pase de nivel dos seus dez participantes.

Durante a mañá do sábado, a Concelleira de Deportes Natalia Salgueiro, estivo presente no campionato, onde as futuras promesas da patinaxe artística do C.P. A. Gondomar e o Club Eixo demostraron as súas habilidades e o seu potencial. A Concelleira de Deportes,Natalia Salgueiro fixo entrega dos diplomas aos patinadores que lograron ascender, comenta que “o concello de Gondomar se sente moi orgulloso dos logros que se están a conseguir no ámbito da patinaxe”.

O C.P.A Gondomar con apenas un ano da súa creación e con aproximadamente 40 alumnos, conta con grandes campións en alta competición. Este club ten previsto preparar para o 21 de Maio o Campionato Provincial que dá paso á clasificación para o Galego ou mismamente a Copa de España.

Grande-éxito-C.P. -Gondomar-campionato-Niveis-Patinaxe-Artística

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.