spot_img
InicioVigo e áreaVigoEn Vigo, unha invasión robótica toma a Escola de Enxeñería Industrial

En Vigo, unha invasión robótica toma a Escola de Enxeñería Industrial

en-vigo-unha-invasion-robotica-toma-a-escola-de-enxeneria-industrial500 estudantes das catro provincias galegas, divididos en preto de 100 equipos, puxeron a proba a súa capacidade creatividade e os seus coñecementos de programación na sétima edición da Competición de Robots que este venres acolleu a Escola de Enxeñaría Industrial.

Revista Cousas de nº21

Este concurso tense convertido xa nunha da datas máis sinaladas de todo o curso neste centro, xa que o vestíbulo, corredores e zonas comúns atéiganse de mozos e mozas que se converterán, dentro duns anos, no futuro da universidade. E é que este é precisamente o obxectivo desta actividade, como explican dende a EEI, “achegar a Universidade ao alumnado de Secundaria e Bacharelato ademais de potenciar as titulacións da Escola de Enxeñería Industrial e promover o interese dos estudantes polas disciplinas STEM, máis concretamente nos estudos de Enxeñaría”.

A competición divídese en dúas categorías, Be Robot para alumnado de ESO e Bacharelato, e DeMO Robot, dirixida a estudantes de graos superiores, centros de formación profesional e outros interesados, xa que a participación estaba aberta a calquera persoa.

en-vigo-unha-invasion-robotica-toma-a-escola-de-enxeneria-industrial

Ademais de crear vínculos co alumando preuniversitario e fomentar os estudos STEM, con esta competición tamén se promove a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos, así como a estimulación, atracción e desenvolvemento do talento habilitador ante os novos retos da industria do futuro. De feito, coa competición de hoxe culmina un traballo previo de montaxe, programación dos robots a partir dun kit básico que recibiu cada equipo previamente.

Unha moi boa acollida

En total, participaron na competición 500 alumnos e alumnas repartidos en 97 equipos, a maioría (87) na categoría Be Robot e outros 10 en Demo Robot. Dende a organización destacan aumento da participación dos centros educativos con respecto a edicións anteriores e a maior diversidade na súa orixe. Así, este ano inscribíronse 28 centros educativos, case un terzo dos cales proceden de localidades das provincias da Coruña, Lugo ou Ourense.

Novidades para unha competición máis atractiva

Nesta edición implementáronse algunhas novidades para facer máis atractiva a competición, como por exemplo, novos tapices con modificacións nos percorridos e obstáculos. En concreto, na categoría Demo Robot estreouse un circuíto cun trazado totalmente novo e un labirinto de maior complexidade, sendo ademais un labirinto modular capaz de presentar diferentes alternativas.

Ademais, as e os participantes tamén contaron cun kit mellorado, o mBot 2, un robot educativo de última xeración impulsado por CyberPi, un microcontrolador educativo mellorado con capacidades de conexión en rede, sensores integrados, etc.

No referido á competición, na categoría B-Robot, os equipos tiveron que medirse en dúas probas, ‘Sigue a liña marchoso’, que consistiu en completar un circuíto con obstáculos e lombos no menor tempo posible, e ‘Velódromo Mareante’, que requiriu dar tres voltas tamén no menor tempo. Na categoría DeMO Robot, as e os participantes enfrontáronse a catros probas, unha de rastrexo, outra de labirinto, outra con obstáculos e unha final de sumo que consistía en sacar ao resto dos robots rivais do tapiz.

Respecto dos premios tamén houbo novidades, xa que non só se distinguiron os tres mellores equipos de cada categoría que acadaron mellor puntuación, tanto polos resultados como pola orixinalidade, senón que tamén se recoñeceu o traballo dos centros.

- Publicidade -spot_img