spot_img
InicioPontevedra e ÁreaEn Pontevedra fálase da Cooperación como ferramenta de transformación social a nivel...

En Pontevedra fálase da Cooperación como ferramenta de transformación social a nivel mundial

agaresco

No cuarto día das xornadas sobre Des-Igualdade Global e Cooperación, realizadas pola ONGD Agareso e Asemblea de Cooperación pola Paz co apoio do Concello, Pontevedra fará unha fusión entre a cultura e a cooperación, dúas áreas cun gran potencial de transformación social.

Ás 12h00 na Praza da Peregrina comezaremos cunha actividade de rúa na que xogaremos a ser millonarios e a descubrir os efectos da acumulación de riqueza, para seguir ás 18h00 na Casa da Luz co obradoiro de banda deseñada a cargo de Polo Correo do Vento, pois o cómic tamén ten moito que dicir no social. Ás 20h teremos unha interesante mesa sobre Cultura para o Cambio, na que analizaremos xunto con persoas expertas o que pinta a cultura na cooperación. Estarán con nós Kike León da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, Sara Rato, experta en cooperación cultural con África, y Daniel Palau do Igadi.

E para rematar o día con música, facendo papables os beneficios da mestura de culturas, teremos na entrada da Casa da Luz un concerto entre as percusionistas de Cabo Verde Batuko Tabanka e as pandereteiras pontevedresas Rexubeiras, que comezará ás 21h30.

pontevedra-falase-da-cooperacion-como-ferramenta-de-transformacion-social-a-nivel-mundialO venres será o día escollido para mergullarnos no eido da pedagoxía e das novas ferramentas para a Educación en Valores, territorio no que as ONGD galegas teñen unha especial relevancia.

Especial mención merece o encontro que teremos a partir das 10h na Facultade de Ciencias Sociais, pois é o día adicado ao Rural Galego nas xornadas de Des-igualdade Global. Comezaremos cunha charla sobre Dinamización do espazo rural a través do audiovisual con exemplos prácticos que estamos a desenvolver nos Ancares e na Limia, e replicando en zonas rurais de Italia, Portugal e Francia, a través do Eramus+. E de seguido contaremos con Chris High, Gusztav Nemesz e José M. Moreno para coñecer experiencias desenvolvidas en contextos rurais doutros países e exemplos de incidencia política. Á tarde, ás 16h, actividade práctica facilitada por estes tres cracks da ‪‎Comunicación para o ‪Cambio Social.

Ás 19h volvemos á Casa da Luz cunha mesa especialmente dirixida á educadores e educadoras na que falaremos de como Aprender Facendo, a través da análise da metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo e das experiencias das organizacións galegas.

As actividades foron deseñadas polas ONGD galegas Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Asemblea de Cooperación pola Paz dentro das xornadas Des-Igualdade Global co obxectivo de por en valor a Cooperación como ferramenta de transformación social a nivel mundial. Para elo programouse unha batería de 25 actividades para todas as idades que de luns a sábado irán promovendo esta reflexión conxunta a través de obradoiros lúdicos, proxeccións de documentais, debates, charlas, actividades de rúa, exposicións fotográficas, concertos… En definitiva unha serie de espazos de convivencia nos que a poboación poida coñecer de primeira man as problemáticas sociais que aborda a cooperación internacional e os efectos positivos da mesma.

Os espazos escollidos para a realización das actividades son A Casa da Luz, o Pazo da Cultura, a Facultade de Ciencias Sociais e as rúas do casco vello.

É a primeira vez que un Concello aposta por visibilizar a importancia da Cooperación Internacional e aportar espazos de reflexión e debate sobre as problemáticas que inciden na desigualdade no mundo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.