spot_img
InicioVal MiñorBaionaEn agosto reábrese en Baiona o “Rías Baixas”, o restaurante máis pequeno...

En agosto reábrese en Baiona o “Rías Baixas”, o restaurante máis pequeno e efémero do mundo

En agosto reábrese en Baiona o “Rías Baixas”, o restaurante máis pequeno e efémero do mundoO “Rías Baixas” dará servizo tan só durante 15 días, nunha única mesa, que ocuparán un máximo de 10 comensais

Revista COUSAS DE Nº13

Hoxe presentouse en Baiona a reapertura do “Restaurante máis pequeno do mundo na provincia máis grande do mundo”, unha iniciativa gastronómica única e orixinal comandada polo chef Estrella Michelín do restaurante Maruja Limón Rafa Centeno. Este ano, volverá a contar coa colaboración de Cervezas Mahou e levará o nome de “Rías Baixas”, despois de que a Deputación Provincial de Pontevedra apostase decididamente por esta proposta que en 2021 tivo unha importante repercusión a nivel nacional.

No acto de presentación participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, o chef Rafa Centeno, o Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, Hugo Pérez, e a produtora executiva de Recados Carmen, empresa promotora da iniciativa, Eva Díaz.

Durante a súa intervención, Carmela Silva salientou a orixinalidade desta iniciativa “única” e confesou sentirse “absolutamente feliz” de que a Deputación apoie unha idea “ateigada de talento e creatividade”. “Este restaurante máis pequeno do mundo que se empraza na provincia máis grande do mundo é unha idea extraordinaria que parte dun festival, o Barbeira Season Fest, que dende a súa primeira edición aposta pola igualdade e a sostiblidade, ademais de por xerar un espazo cultural que nos fai máis grandes”. A presidenta de Deputación de Pontevedra rematou convidando a reservar mesa no “Rías Baixas” para poder gozar dunha “experiencia única, nun lugar como Baiona e da man dun nos nosos mellores chefs”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradeceu o compromiso que dende hai tres anos demostrou o Barbeira Season Fest ten coa localidade deseñando contidos orixinais e axudando a potenciar a vila turística a nivel nacional.  “Que esta segunda edición do “restaurante máis pequeno do mundo” se celebre en Baiona é un orgullo e, ademais potencia o que xa sabiamos: que Baiona é xa, de por si, unha experiencia única”.

Pola súa banda, o chef Rafa Centeno destacou que a carta do “Rías Baixas” sobresairá por ser unha homenaxe á esencia do produto galego de calidade e será tamén “un paseo por toda a nosa costa dende un entorno idílico como o de Baiona”. “Imos facer que os comensais vivan unha experiencia divertida e coñezan as raíces dos produtos de Galicia”.

O Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, Hugo Pérez, reafirmou a súa firme aposta polo Barbeira Season Fest e as actividades do festival, como o “restaurante máis pequeno e efémero do mundo” e destacou: “En Mahou cremos que os encontros entre as persoas son imprescindibles para vivir mellor e como marca promovemos estes momentos de conexión entre as persoas promovendo a música en directo, a gastronomía e o lecer cervexeiro. Estou seguro de que este restaurante tan especial nos fará gozar a todos, non só dos mellores sabores das Rías Baixas, senón tamén deses encontros que nos fan tan felices”.

 

Só 15 días e unha única mesa

Eva Díaz, produtora executiva de Recados Carmen, informou sobre o funcionamento do restaurante e anunciou que xa se poden facer reservas para as ceas dende a web do festival.

O restaurante efémero “Rías Baixas” dará servizo tan só durante 15 días (do 15 ao 30 de agosto), nunha única mesa que ocuparán cunha soa mesa emprazada nun lugar con vistas ao mar de Baiona, o chef Rafa Centeno servirá a súa carta durante tan só 15 días e a 10 comensais por quenda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.