Os pequenos electrodomésticos de cociñaa e do baño (tales como torradeiras ou secadores de cabelo) representan a maioría dos aparellos eléctricos e eletrónicos descartados (case 60%) en 2014. Outros dispositivos como o móbil, os computadores persoais e as impresoras representan 7% do volume xerado o ano pasado.
E esta cantidade vai continuar crecendo, segundo o The Global E-waste Monitor 2014: Quantities, Flows and Resources, onde se prevé que o lixo eletrónico alcance os 49,8 millóns de toneladas en 2018. “A rápida innovación tecnolóxica e produtos cun tempo de vida cada vez máis curto, están entre os factores que contribúen para o aumento da cantidade de lixo eletrónico“, pode lerse no informe.
O lixo eletrónico constitúe un valioso reservatório potencial de materiais recicláveis, especialmente metais (tales como o ferro, cobre, o alumínio) e metais preciosos (como o ouro e prata, por exemplo). Mais tamén é lixo tóxico, con sustancias perigosas que precisan de especial coidado, tales como o mercúrio, o crómio e o cádmio
Os países industrializados teñen sido responsábeis pola maior parte do lixo eletrónico producido no Mundo. Sendo que maior parte do lixo eletrónico foi xerado na Asia: 16 millóns de toneladas en 2014, ou que corresponde a 3,7 kg por cada habitante. A maior cantidade de lixo eletrónico por habitante foi xerado na Europa (15,6 kg). Mais de acordo co informe, só dous países – Estados Unidos e China – xeraron case un terzo de todo o lixo eletrónico mundial. Mais a realidade está a comezar a mudar, con outros países a contribuír cada vez máis para a ‘montaña‘ de lixo eletrónico do mundo. A América Latina, por exemplo, contribuíu con cerca de 3,95 millóns de toneladas o ano pasado.
A pesar de que os países en vías de desenvolvemento tamén esta a aumentar, estes dispoñen de menores recursos para resolver este problema ambiental. Até aquí o modelo de tratamento deste tipo de lixo implicaba o envío do mesmo dos países que máis o xeraban para os restantes (que acaban tamén por sufrir as nefastas consecuencias ambientais dos compoñentes tóxicos do e-waste).
Agora, o think thank da Universidade das Nacións Unidas (UNU) propón un novo modelo global de repartición de responsabilidades, baseado nun proceso de reciclaxe faseado, máis accesíbel e máis verde, para os países en desenvolvemento. A idea é que os aparellos sexan desmantelados nestes países e que os materiais perigosos de ahí resultantes sexan posteriormente tratados nos países de máis recursos. O concepto foi desenvolvido polas institucións envolvidas no programa Solving the E-waste Problem (StEP) Initiative coordinado pola UNU.
Vis?o verde//



