Inicio Val Miñor Nigrán Ecoforest, empresa líder en calefacción e climatización sustentable, construirá unha macroplanta en...

Ecoforest, empresa líder en calefacción e climatización sustentable, construirá unha macroplanta en Porto do Molle (Nigrán)

Foto: Rosa Eguizábal (directora de Promoción Económica del Consorcio), Teresa Pedrosa, notario José María Rueda, Patricia Alonso Suárez y Eladio Pérez, consejeros de Ecoforest
De izq. a dcha. – Rosa Eguizábal (directora de Promoción Económica del Consorcio), Teresa Pedrosa,o notario José María Rueda, Patricia Alonso Suárez y Eladio Pérez, consejeros de Ecoforest

Eladio Pérez, conselleiro delegado do grupo vigués Ecoforest, especializado no deseño e produción de sistemas de calefacción, climatización e auga quente sanitaria a partir de recursos naturais, asinou hoxe con Teresa Pedrosa, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, a compra de dez parcelas en Porto do Molle.

Ecoforest investirá máis de 7,5 millóns de euros nunha nova planta, cuxa construción arrincará en breve, e que será clave para a expansión do Holding BioEcoforest (Biomasa Ecoforestal, Ecoforest Geotermia, Vapormatra). Aludindo á capacidade innovadora desta empresa, Pedrosa felicitou persoalmente á dirección de Ecoforest que pasa a ser a empresa 152 das aloxadas no parque empresarial “onde crecen con éxito as boas ideas e onde xa traballan 1.036 persoas”.

O centro de Ecoforest en Nigrán terá unha superficie de 13.500 metros cadrados que se construirán sobre a superficie resultante da agregación das dez parcelas do parque empresarial, que suman 15.586 metros cadrados de terreo. A nova planta será autosuficiente desde o punto de vista eléctrico e térmico e dispoñerá dun laboratorio de 1.400 metros cadrados, desde onde se desenvolverá a innovación e desenvolvemento que distingue a este grupo fundado en 1959 por Jose Carlos Alonso Martínez, propietario e presidente do Grupo.

A empresa elixiu Porto do Molle para as súas novas instalacións pola súa categoría de “parque tecnolóxico”, comodidade para o persoal e estreito vínculo da familia propietaria co Val Miñor.

Ecoferest, que naceu orientada á fabricación de equipos de biomasa, é a empresa líder do mercado coa máis ampla gama de estufas e caldeiras de pellets, e o único fabricante español de bombas de calor geotérmicas, aerotérmicas e sistemas que permiten a hibridación coa enerxía solar fotovoltaica. Coa utilización combinada destas novas fontes de enerxía pódense chegar a conseguir uns aforros de ata un 80 por cento na factura enerxética. A insignia caracterízase por ser o líder tecnolóxico internacional en todas as súas familias de produtos que xa comercializa os seus equipos en 36 países.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies