spot_img
InicioCondado ParadantaDoce mozas e mozos de distintos puntos de España intervirán para a...

Doce mozas e mozos de distintos puntos de España intervirán para a mellora da ZEC Río Tea grazas ao I proxecto de campo RESETEA en Ponteareas

doce-mozas-e-mozos-de-distintos-puntos-de-espana-interviran-para-a-mellora-da-zec-rio-tea-grazas-ao-i-proxecto-de-campo-resetea-en-ponteareasDoce mozas e mozos chegados de distintos puntos de España realizarán unha intervención para a mellora ambiental, patrimonial e do uso público da contorna da praia fluvial da Freixa da man do proxecto de campo “ReseTea en Ponteareas” presentado no día de hoxe pola concelleira de Medio Ambiente, Silvia F. Táboas, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, xunto a Manuel Allegue, director do campo de voluntariado e o técnico municipal de medio ambiente, Rubén Villasenín.

Revista Cousas De Nº22

A través de accións ambientais, accións patrimoniais e accións de educación ambiental estas mozas e mozos mellorarán o presente de Ponteareas e abrirán paso a un futuro mellor, así o suliñou a alcaldesa Nava Castro que agradeceu “inmensamente o compromiso desta mocidade que ao longo de quince días intervirá nun espazo de alto valor medioambiental e social como o é a Freixa”.

O proxecto de Campo de Voluntariado non aparece de xeito illado, segundo adiantou a alcaldesa, senón que se proxecta a anos vista, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, co gallo de pór en valor os recursos ambientais, patrimoniais e de uso público da ZEC Río Tea.

A Freixa, bañada polo río Tea, está dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC), dentro da Rede Natura 2000, a maior figura de conservación da natureza a nivel Europeo, porque alberga uns importantes valores ambientais e ecolóxicos e promove uns servizos ecosistémicos que son de vital importancia protexer.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Explica a concelleira de Medio Ambiente, Silvia F. Táboas, que os obxectivos deste proxecto son a conservación medioambiental, o fomento da participación cidadá e a promoción da biodiversidade e para conseguilos técnicos e voluntariado desenvolverán accións de limpeza e acondicionamento e mellora de espazos degradados na contorna da Praia fluvial de A Freixa. Ademais acompañados das e dos monitores e do equipo técnico recuperarán elementos patrimoniais e de uso público en mal estado de conservación como a fonte da Freixa. Para visibilizar o importante valor ambiental da ZEC Río Tea instalarán caixas niño para morcegos e tamén para curuxas, ademais de realizar actividades de sensibilización ambiental sobor os valores da ZEC coa mocidade e infancia que participa nos campamentos de conciliación e na ludoteca, entre outros e outras.

Durante a súa estancia pernoctarán nas instalacións do CIFP A Granxa e polas tardes poderán participar nas actividades da vila e coñecer os recunchos máis fermosos levando para os seus fogares en Álava, Badajoz, Madrid, Valencia, Pontevedra e A Coruña unha estampa do rico patrimonio histórico e medio ambiental de Ponteareas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.