spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoDobrete para o Club de Mar Ría de Aldán en Bouzas

Dobrete para o Club de Mar Ría de Aldán en Bouzas

KAYAK DE MAR BOUZAS

Na tarde do sábado 16 celebróuse na dársena de Bouzas en Vigo o  I Trofeo Liceo Marítimo de Bouzas, competición que pertence á liga Galega de Kayak de Mar, estando organizada polo Club Piragüismo Olívico e a Federación Galega de Piragüismo.

A xornada presentábase cunhas condicións do mar moi propicias para as embarcacións desta especialidade, que fixo que os participantes gozasen dunha boa competición.

O Club de Mar Ría de Aldán levou o triunfo na clasificación de clubs das categorías masculina e feminina, na primeira estivo acompañado polo Club Piragüismo Cambados en segunda posición, terceiros serían os anfitrións do Club Piragüismo Olívico. Ademais o club de Cangas logrou o primeiro posto na xeral feminina por diante do Club Breogán do Grove e o Piragüismo Cambados.

Unha vez disputadas as dúas primeiras probas da liga o Ría de Aldán encabeza as dúas clasificacións provisionais empatado a 138 puntos co Piragüismo cambados en homes, terceiro consolídase o Piragüismo Olívico. O empate en mulleres sucédese co Breogán do Grove, sendo terceiro o Piragüismo Cambados.

A nivel individual destaca a vitoria  en K1 Sprinter Senior do medallista olímpico Carlos Pérez Ríal, demostrando o bo momento de forma no que está, segundo en entrar en meta a case tres minutos de Perucho foi Iván Domínguez-Portonovo, a terceira praza obtívoa o coruñés do Náutico de Cambre Adrián Carpente . Na modalidade K2 Sprinter Senior as tres primeiras posicións foron para a parella do Piragüismo Viveiro Javier Illanes e Francisco Vázquez, segundos chegaron Mauro Prieto acompañado de Cristian Chapela do Náutico Rodeira e terceiros os dous compoñentes do Naval de Pontevedra Pablo García xunto con Adrián García.

A próxima cita do campionato ligueiro é o próximo día 1 de maio na localidade pontevedresa de Cambados.

- Publicidade -spot_img