spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraDiego Ameixeiras, Xavier Lama e Antía Yáñez, finalistas do XXI Premio Afundación...

Diego Ameixeiras, Xavier Lama e Antía Yáñez, finalistas do XXI Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

diego-ameixeiras-xavier-lama-e-antia-yanez-finalistas-do-xxi-premio-afundacion-de-xornalismo-fernandez-del-riegoO xurado elixiu os tres artigos entre as 27 candidaturas na deliberación que tivo lugar hoxe na Sede de Afundación de Pontevedra

Revista Cousas De Nº22

Afundación, a Obra Social de ABANCA, deu a coñecer na Sede Afundación de Pontevedra os artigos finalistas do XXI Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. Tras a deliberación do xurado, integrado por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Xosé Carlos Caneiro, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Mar Mato, fíxose pública a resolución das persoas finalistas desta edición. As persoas finalistas son, xa que logo, Diego Ameixeiras Novelle por «A metade do inverno vai fóra» publicado en La Voz de Galicia o 10/02/2023; Xavier Lama, por «Unha casa con alma de inverno», en Mundiario, o 28 /12/2023; e Antía Yáñez Rodríguez, por «Medrar» en Luzes, o 15/03/2023.

Na rolda de prensa de hoxe, María Teresa Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación, subliñou «tanto a ardua tarefa de selección por parte do xurado, dada a calidade dos textos presentados, como o papel esencial que o xornalismo desempeña e que require grandes esforzos e se nos revela imprescindible». Víctor Freixanes, pola súa banda, quixo «destacar a calidade literaria admirable de todos os traballos presentados, que, ademais, reflectiron unha enorme riqueza temática, desde cuestións da máis absoluta actualidade, ata textos arredor das raíces culturais e históricas de Galicia. E quero salientar que o feito de presentarse a este premio é un acto de humildade, e por isto mesmo todas as candidaturas merecen un fondo respecto. Por último, cómpreme poñer en valor o apoio decido de Afundación á palabra escrita en galego, un dos sinais de identidade da Obra Social de ABANCA».

Un total de 27 artigos optaban á XXI edición do Premio Fernández del Riego. Podían presentarse artigos incluídos no xénero do xornalismo literario ou ben no xénero de artigo de opinión, coa única condición de que só se presentase un texto por autoría que fose recollido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas e escrito en lingua galega.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O premio está dotado con 10 000 euros. Entre os gañadores podemos sinalar nomes tan importantes como Fina Casalderrey, Carlos G. Reigosa, Rosa Aneiros, Manuel Rivas, Manuel Bragado, Luís Pousa, Ramón Loureiro, Tamara Montero, Miguel Anxo Murado, Inma López Silva, Cristina Pato, Míriam Ferradáns, Francisco Castro ou Mar Mato, gañadora da última edición.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.