Inicio Pontevedra Diana Toucedo, con 30 Lumes consegue o premio á mellor longa galega...

Diana Toucedo, con 30 Lumes consegue o premio á mellor longa galega no Primavera do Cine

diana-toucedo-con-30-lumes-consegue-o-premio-a-mellor-longa-galega-no-primavera-do-cineO xurado do Festival Primavera do Cine concede a 30 lumes, de Diana Toucedo, o premio á mellor longa galega e a Pedro Pinho o galardón á mellor longa lusa por A fábrica de nada.

Despois de cinco días cheos das mellores obras galegas e lusófonas, diferentes actividades paralelas de gran éxito, como o cine nos barrios, coa proxección en Coia e Teis de Vigo 1972, a Mostra de Cinema Brasileiro ou o Cine Miúdo, o Primavera do Cine despedirá a súa sétima edición cunha gala de clausura repleta de humor, música e moitas emocións.

A gala final comezou pasadas ás 19.00 no Auditorio do Concello cunha interpretación musical de João Paulo, que mistura nas súas pezas ritmos brasileiros e baianos para deixar paso a Chola, a it girl, quen presentou a velada e puxo o toque de humor.

Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro e Elis, de Hugo Prata gañan o premio do público a mellor longa galega e lusa respectivamente 

Os primeiros galardóns en darse a coñecer e feitos polo artista Íñigo Almeida,  chegaron vinte minutos despois de dar comezo o evento e foron o premio á mellor curta lusa, outorgado a Lucas H. Rossi por O vestido de Myriam, un filme que se centra na vida dunha parella de anciáns e o premio á mellor curta galega onde houbo un máis que merecido empate entre La mujer invisible, unha curta documental que retrata a prostitución en Vigo, de Noemí Chantada e Matria, de Álvaro Gago e que narra as dificultades que ten que pasar Ramona no seu día a día e as relacións coa súa filla e a súa neta.

Chola, a it girl foi a condutora da velada e João Paulo, o encargado de amenizar a velada con ritmos brasileiros

Pouco despois, Chola, a it girl, fixo un pequeno resumo do que deu de si a sétima edición do Primavera do Cine e lembrou o peso tan importante que tivo Brasil nesta edición xa que o certame proxectou, dentro da súa sección oficial diversos títulos referentes do cine que se está a facer no país como O dedo na ferida, que foi estrea en España,  Elis ou Aquarius. Todas elas multipremiadas en certames internacionais e cun ton de denuncia e compromiso social. Ademais, Brasil tamén estivo presente nas actividades paralelas coa Mostra de Cine Brasileiro, todo un éxito, e gala inaugural , na que se exhibiu un clásico do documental brasileiro de compromiso como é Cabra, marcado para morrer, de Eduardo Coutinho.

A presentadora tampouco se esqueceu do resto das actos que se levaron a cabo no festival, entre os que destacan a masterclass de Álvaro Gago, a mención honorífica a produtora Chelo Loureiro, os VII Encontros Arraianos, o Cine Miúdo e as proxeccións ó aire libre nos barrios de Teis e Coia de Vigo 1972 de Roi Cagiao.

O grupo musical Basanta, cun videoclip titulado Inferis e feito por Xaime Miranda, son os galardoados co premio do público ó mellor videoclip ó que lle seguirá unha actuación de Chola provocando risas e aplausos entre todos os asistentes á gala.

No ecuador da gala a protagonista será Áuga Mole, un filme que reflicte o problema da desertificación no interior de Portugal, de Laura Gonçalves e Alexandra Ramires e que se alzarán co premio á mellor curta de animación.

Xa a piques de rematar a noite, o xurado profesional composto polo profesor de literaturas lusófonas da Universidade de Vigo Burghard Baltrusch, a produtora executiva e directora de produción  Analía G. Alonso, o crítico cinematográfico Celso López Pazos e a cineasta Sara Traba outorgaron os premios á mellor longa lusa e á mellor longa galega.

Así, os vencedores foron Pedro Pinho coa sua obra A fábrica de nada, onde se narra a rebelión levada a cabo polos obreiros portugueses nunha fábrica a piques de desmantelarse e Diana Toucedo con 30 lumes onde se da a coñecer a Galicia máis máxica e misteriosa que se atopa no Courel.

Antes de conceder os últimos galardóns, João Paulo amenizou unha última vez a velada a ritmo brasileiro e tanto a presentadora como o músico organizaron unha coreografía improvisada co público facéndoos partícipes e protagonistas da gala de clausura.

O tan ansiado premio do público á mellor longa lusa foi para Hugo Prata e o seu filme Elis que retrata a Elis Regina, unha das cantantes máis queridas de Brasil, mentres que Xiana do Teixeiro foi a gañadora do premio á mellor longa galega grazas a Tódalas mulleres que coñezo, un documental que reflexiona sobre o desequilibrio que existe entre homes e mulleres.

Juan de Castro, no seu discurso final quixo dedicar esta sétima edición a todo o equipo do Primavera do Cine e deu as grazas ó Concello e á Deputación de Pontevedra polo seu apoio aínda que remarca que Agadic non lle concedeu ningún tipo de axuda o certame pese a ser o único festival de Galicia que proxecta en exclusiva obras audiovisuais galegas e lusófonas

Finalmente, o director do festival, Juan de Castro pechou a gala cun discurso final. Nel, agradeceu o apoio do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra e resaltou que este ano o Agadic non concederá o evento ningún tipo de axuda pese a que o Primavera do Cine é o único festival de Galicia que proxecta en exclusiva obras audiovisuais galegas e lusófonas.

Juan de Castro recordou tamén os valores cos que naceu o festival, buscando sempre mostrar o cine que se fai tanto en Galicia como nos países lusófonos e que se seguirá apostando por el e polo cine reivindicativo e comprometido.

Desta edición, o director destaca “a calidade dos filmes de este ano consagran e consolidan o primavera do cine como o festival de referencia de cinema galego e lusófono” e rematou o discurso dedicando a edición deste ano “ó equipo de voluntarios e colaboradores xa que sen eles este certame sería imposible”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies