spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDía Mundial da Concienciación sobre o Autismo 2015 “Autismo. Stop Discriminación”

Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo 2015 “Autismo. Stop Discriminación”

Día-Mundial-Concienciación-sobre-o-Autismo-2015-“Autismo. Stop Discriminación”Con motivo da celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo (DMCA, 2015) que este ano ten como lema “Autismo. Stop discriminación” e no que se fai especial fincapé na Sensibilización e Prevalencia, Fundación Menela organizou un acto conmemorativo no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, onde os rapaces e rapazas de Menela convérteronse nos verdadeiros protagonistas e cós que a Fundación quere achegar á sociedade a realidade das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA).

Día-Mundial-Concienciación-sobre-o-Autismo-2015-“Autismo. Stop Discriminación”Diálogos e o Lazo dos Desexos

Escoitáronse a súas voces na escenificación ligada a improvisación entre Iago e Andrés, e na creación dun gran lazo tinguido de mensaxes; dous momentos especiais nos que compartirán con todos nós os seus desexos, intereses, sentimentos, inquedanzas e experiencias.

Día-Mundial-Concienciación-sobre-o-Autismo-2015-“Autismo. Stop Discriminación”Manifesto Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Participaron representantes políticos, familiares e persoas con TEA na lectura do manifesto do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo elaborado polo movemento asociativo do autismo en España.

O alcalde, Abel Caballero, encabezou a representación institucional, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva; a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a deputada provincial Marta Iglesias, ademáis de edís da Corporación viguesa.

Día-Mundial-Concienciación-sobre-o-Autismo-2015-“Autismo. Stop Discriminación”O acto estivo amenizado coa actuación da Orquestra Castro Navás, da que forman parte voluntarios, profesionais e persoas con autismo do centro que leva o mesmo nome, e finalizou cunha gran foto de familia como recordo deste día.

Día-Mundial-Concienciación-sobre-o-Autismo-2015-“Autismo. Stop Discriminación” De forma complementaria a estas actividades, levaron camisetas azuis có lazo do autismo, colocaranse Globos azuis en cada un dos centros da Fundación e fixose entrega dos “Lazos polo Autismo” elaborados polos rapaces do Centro de Educación Especial Menela e do Centro de Día e Residencia Castro Navás, nos seus obradoiros en colaboración cos seus profesores/as e monitores/as.

Día-Mundial-Concienciación-sobre-o-Autismo-2015-“Autismo. Stop Discriminación”Campaña de Concienciación ‘Autismo. Stop Discriminación’

Nas intervencions expresouse o  apoio e unión có resto das entidades de Autismo en España  a campaña de concienciación “Autismo. Stop Discriminación” que pretende axudar á sociedade a tomar conciencia sobre este trastorno, promover a inclusión social das persoas das persoas con TEA e evitar calquera manifestación de discriminación.

No ámbito das redes sociais, lanzouse o hashtag #DiaMundialAutismo para etiquetar todas as mensaxes, publicacións e accións que se realicen con motivo da campaña en Twitter, Facebook, Instagram ou Google Plus. En  www.diamundialautismo.com (donde se pode descargar o Manifesto do DMCA) todas as persoas ou entidades que queiran solidarizarse coa campaña poden descargarse un avatar ou unha anteportada específica adaptada a Twitter,Facebook e Google Plus co claim ‘Autismo. Stop Discriminación’.

Sobre Fundación Menela

A Fundación Menela, entidade de iniciativa social clasificada como benéfico – asistencial e de interese galego, constitúese en Vigo en 1989 co obxectivo fundacional de promover e dar apoio ás persoas con discapacidade e dependencia e ás súas familias, especialmente ás persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) a través de programas asistenciais, inclusión socio-laboral e  formación.

Fundación Menela é titular dunha Rede de Centros e Servizos para o Autismo e a Dependencia que traballa coa misión de “contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con TEA e defender a súa dignidade como cidadáns, dando resposta ás necesidades específicas ao longo de todo o seu ciclo vital”. O compromiso coa mellora continua, a transparencia, confianza, honestidade e ética, o traballo de calidade, o respecto mutuo e a paixón polo saber son os valores nos que cree e defende, os cales representan a súa sinal de identidade.

Trala constitución asume a titularidade, en 1998, do Centro de Educación Especial Menela, referente no campo da atención especializada a nenos e nenas con TEA na Comunidade Galega e que xa iniciara as súas actividades no curso 1976/77. En 1993 inaugúrase en Nigrán o Centro de Día e Residencia Castro Navás para persoas adultas con TEA. A principios desta década, no Edificio CAMI ponse en marcha o Servizo de Diagnóstico e Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral, o Servizo de Respiro Familiar e o Centro de Formación, homologado pola Consellería de Traballo e Benestar para impartir de formación ocupacional. O Servizo de Apoio ás Familias, Tempo de Lecer e Deportes, o Servizo de Publicacións e Documentación e o Encontro con Familias veñen funcionando de forma sostible desde o ano 1976.

Dentro da Rede inclúese a empresa de inserción laboral Castro Navás SL, que nace en 1998 coa finalidade de favorecer la inclusión sociolaboral de persoas con TEA e, en 2006, a Fundación Tutelar “Camiño do Miño”. Completa esta Rede a nova Residencia para Persoas Maiores con Discapacidade e Dependencia, pendente de inauguración.

Outros fitos importantes na súa traxectoria foron a participación en proxectos europeos dentro das iniciativas comunitarias HORIZON I e II, SOCRATES III, EQUAL e INTERREG, así como a concesión dos premios “Ao Traballo Digno 2008” da Fundación Luís Tilve, “Carmen Ferro 2010” da Deputación de Pontevedra, á empresa Castro Navás SL, e “Premio Nigrán 2013 ao Mérito Social” do Concello de Nigrán ao Centro Castro Navás.

en Nigrán o Centro de Día e Residencia Castro NavásCentro de Día e Residencia Castro Navás en Nigrán

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.