spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDía Mundial contra o Cancro de Mama

Día Mundial contra o Cancro de Mama

No Día Mundial contra o Cancro de Mama, a Deputación de Pontevedra, sumouse tamén ás conmemoracións deste día que como cada ano se celebra o día 19 de outubro.

Dende a institución provincial lémbrase que esta é unha data para visibilizar a enfermidade, para concienciar á sociedade e tamén para reivindicar as políticas adecuadas de prevención, detección e tratamento. A Deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, participou na mesa informativa que a Asociación Española contra o Cancro instalou na Praza da Peregrina en Pontevedra.

A Deputada provincial sumouse ás reivindicacións desta xornada, lembrando a necesidade de concienciar todos os días do ano, e non só hoxe, sobre a importancia das medidas preventivas e de detección precoz do cancro, especialmente hoxe do cancro de mama. Digna Rivas recordou que hoxe é unha data para darlle visibilidade a esta enfermidade e para concienciar sobre ela, pero tamén, e sobre todo, ten que ser unha xornada para reivindicar unhas políticas axeitadas na loita contra o cancro.

No Día Mundial contra o Cancro de Mama, dende a Deputación provincial reivindícase a volta ao modelo de sanidade que había antes da chegada de Núñez Feijoo á Xunta de Galicia. A Deputada provincial lembrou que datas como as de hoxe teñen que servir para reivindicar a volta a un “sistema público, universal, gratuíto e de calidade. Un sistema que se preocupe polas persoas enfermas e que aposte pola investigación e a innovación, e non un sistema guiado por criterios mercantilistas coma o que temos agora”.

A Deputación lembra que en Galicia, hoxe en día, na loita contra o cancro, ao igual que noutras enfermidades, só hai políticas de recortes, con diminución de tratamentos preventivos, aumento de listas de agarda, eliminación de medios para a prevención ou obrigación de pagar medios de transporte, medicacións e tratamentos. No acto de hoxe, a deputada Digna Rivas recordou que mesmo a Defensora do Pobo, Soledad Becerril, concluíu que os recortes da Xunta en materia de sanidade e en concreto en relación ao cancro, “poñen en risco a saúde e integridade das persoas sen recursos e en particular dos enfermos de cancro”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.