spot_img
InicioBaixo MiñoO Descenso Internacional do Miño declarado Festa de Interese Turístico Galego

O Descenso Internacional do Miño declarado Festa de Interese Turístico Galego

descenso-internacional-do-mino-declarado-festa-interese-turistico-galegoO Descenso Internacional do Miño vén de ser declarado Festa de Interese Turístico Galego. Así o aprobou esta mañá o Consello da Xunta logo da solicitude realizada polo Concello de Tui, aprobada en pleno por unanimidade en marzo de 2016.

A directora Xeral de Turismo confirmaba esta mañá a boa nova ao concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, quen salientou que este recoñecemento é posible “grazas ao bo facer do club Kayak Tudense e a súa constancia ao longo de décadas” na organización desta proba.

A Xunta de Galicia tivo en conta para esta declaración a antigüidade, singularidade e arraigamento popular desta proba deportiva.  O Descenso Internacional do Miño celebrou o pasado mes de agosto a súa 46ª edición con record de participación reunindo a máis de 500 padeeiros. A esta proba deportiva competitiva, organizada polo Kayak Tudense, sumouse hai sete anos o Descenso Popular do Miño que dende a primeira edición reúne a centos de persoas, xunto á Romaría Popular na ribeira de Caldelas, e a Festa Gastronómica que ten lugar no remate da xornada no centro urbano combinando gastronomía e música.  A conxunción de todas estas actividades deron un novo pulo a este evento, que coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego avanza de xeito importante na súa difusión, repercusión, e na promoción do río Miño como atractivo e valor turístico.

Deste xeito son dous os eventos en Tui que contan coa declaración de Interese Turístico Galego as festas patronais de San Telmo e o Descenso Internacional do Miño.

 

- Publicidade -spot_img