spot_img
InicioBaixo MiñoO desafío popular do Camiño de Santiago 'Ultreia', sairá dende Tui

O desafío popular do Camiño de Santiago ‘Ultreia’, sairá dende Tui

desafio-popular-do-camino-santiago-ultreia-saira-dende-tuiOs peregrinos da antigüidade saudábanse uns a outros gritando: Ultreia. Era a mensaxe de ánimo para chegar ao lugar prometido.

A Ultreia é unha marcha de sendeirismo popular, que se presenta como un reto, un estímulo, unha xornada de convivencia… accesible para calquera tipo de persoas, independentemente das súas calidades físicas.

Percorrerá a distancia de 46 quilómetros, até Pontevedra, nunha única xornada, o domingo 4 de marzo.

Ao longo da proba, se establecerán tres puntos de recollida dos participantes que non poidan chegar a Pontevedra, e que os levarán ata a chegada. Desta maneira, cada participante poderá facer a marcha que mellor se adapte a súas condicións.

As inscricións estarán abertas ata o 25 de febreiro, a través da páxina www.cronotec.es, a un prezo de 6,20€ por persoa, recibindo os participantes unha camiseta conmemorativa, unha mochila, os avituallamentos, así como o seguro deportivo e os traslados ata o punto de saída.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.