spot_img
InicioGaliciaDeputacións e concellos apoian a reconstrución de Gaza e Filipinas a través...

Deputacións e concellos apoian a reconstrución de Gaza e Filipinas a través do Fondo Galego

Deputacións e concellos apoian a reconstrución de Gaza e Filipinas a través do Fondo GalegoDesde a súa fundación, no ano 1997, o Fondo Galego desenvolveu 150 proxectos en 25 países ademais de promover actividades e materiais nos países máis empobrecidos.

Os 89 socios integrantes, 87 Concellos e as Deputacións de Coruña e Lugo, colaboran nunha xestión transparente e profesional, así como na realización de proxectos nos países do Sur e a sensibilización da sociedade gallegal.

Na Asemblea Xeral celebrada onte acordouse destinar 20.000 euros a Palestina para contribuír á súa recuperación tras os últimos bombardeos israelís, e 10.000 euros á poboación afectada polo tifón Haiyan en Filipinas. Acordouse, ademais, cofinanciar con 150.000 euros proxectos das ONGD en países do Sur.

A Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina recibirá así 10.000 euros para apoiar o traballo dos equipos de saúde mental da entidade que atende á poboación no contexto posbélico, e os outros 10.000 euros destinaranse para a distribución de material médico e farmacéutico na Franxa a través da Asociación Médica Hispano Palestina. Por outra banda, cos 10.000 euros destinados a Filipinas proporcionarase refuxio e materiais de primeira necesidade ás comunidades do arquipélago.

Así mesmo, sete ONGD galegas desenvolverán proxectos de cooperación internacional en Nicaragua, Honduras, Perú, India e Guatemala para facilitar o acceso á auga dos nicaraguanos mediante a mellora de infraestruturas, mellorar a atención ás vítimas de violencia familiar e sexual en Perú ou impulsar a participación política das mulleres do rural en India.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.