Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra aposta polo verde e impulsa 10 charlas dirixidas...

A Deputación de Pontevedra aposta polo verde e impulsa 10 charlas dirixidas ao alumnado da ESO e de FP para promocionar o sector agroforestal

deputacion-pontevedra-aposta-polo-verde-e-impulsa-10-charlas-dirixidas-ao-alumnado-da-e-fp-promocionar-sector-agroforestalPreto de 500 mozos e mozas da provincia participarán en oito centros da provincia nas charlas enmarcadas nos proxectos DepoEmprende

Oito centros educativos da provincia de Pontevedra acollerán dende este mércores 22 de novembro e durante dúas semanas unha serie de charlas co fin de promocionar o sector agroforestal e as potencialidades que pode ter este sector como oportunidade laboral. Estas accións, nas que participarán preto de 500 mozos e mozas, forman parte da ‘aposta ó verde’ da Deputación de Pontevedra.

Estas charlas, enmarcadas dentro dos proxectos da Deputación de Pontevedra “Depoemprende na Escola” e “Depoemprende na FP”, servirán como unha acción de difusión e divulgación do sector agroforestal como motor económico para o desenvolvemento dun medio rural sustentable na provincia, xa que a Deputación considera que dende as administracións públicas cabe adoptar un papel de verdadeiros promotores para favorecer que o noso rural recupere poboación e emprego.

O primeiro centro en acoller esta charla de fomento do sector agroforestal será o IES A Guía de Vigo. Preto de 60 alumnos e alumnas asistirán este mércores, a partir das 12.00h, á intervención da profesora de economía, Luz María González Rodríguez. O seguinte será o IES Ricardo Mella de Vigo, que o xoves 23 de novembro, a partir das 11.45h, acollerá unha charla de Miguel Ángel Soto.

Esta primeira semana de actividade péchase no IES Pintor Colmeiro de Silleda o venres 24 de novembro ás 12.00h cunha charla impartida por Javier Sueiro, titor do ciclo FP C.M. de Actividades Físicodeportivas no medio natural. Asistirán preto de 30 alumnos e alumnas do centro.

En canto á segunda semana do proxecto, a primeira charla terá lugar no IES Luís Seoane de Pontevedra, o luns 27 de novembro ás 13.15h. Alí, preto de 50 alumnos e alumnas de 4º ESO asistirán á charla impartida por Carmen Rodríguez Mayán.

Pola súa banda, o CFEA Lourizán será escenario o martes 28 de novembro de dúas charlas, unha en horario de mañá, ás 09.30h, e outra en horario de tarde, ás 15.00h. Un día despois, o mércores 29 de novembro, o IES Daniel Castelao de Vigo acollerá tamén dúas charlas. A primeira delas, impartida por Manuel Piñeiro Crespo comezará ás 12.30h, e a segunda, por Sabela Méndez, ás 16.00h.

Para terminar, o xoves 30 de novembro, Mercedes Boado Lodeiro será a encargada de impartir a charla a máis de 30 alumnos e alumnas do EFA Cancela de As Neves e o venres 1 de decembro, o IES Rodeira de Cangas acollerá unha charla de Sergio Nunes dirixida a máis de 20 alumnos a alumnas do centro.

Todas as charlas deste proxecto da Deputación de Pontevedra terán unha hora de duración na que farase unha exposición da situación actual da comarca na que se atopa o centro, no que se refire ó sector Agroforestal; das potencialidades deses sectores en termos económicos e de emprego, e presentaranse “plans de viabilidade tipo” para os diferentes tipos de actividade, analizando exemplos concretos o máis próximos posibles de casos reais de profesionais que viven hoxe en día desta actividade.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies