spot_img
InicioVigo e áreaVigoDeputación e Xunta reúnen máis de 150 persoas para enriquecer o plan...

Deputación e Xunta reúnen máis de 150 persoas para enriquecer o plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo no primeiro encontro aberto á cidadanía

deputacion-e-xunta-reunen-mais-de-150-persoas-para-enriquecer-o-plan-de-usos-do-teatro-cine-fraga-de-vigo-no-primeiro-encontro-aberto-a-cidadaniaO presidente Luis López e o conselleiro Jose López agradecen a implicación da veciñanza e os axentes culturais por acudir a esta convocatoria e amosar o seu interese para a recuperación deste emblema arquitectónico vigués

Revista Cousas De Nº22

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta, Jose López; mantiveron esta tarde de martes un encontro con máis de 150 persoas para tomar nota das súas propostas e incorporalas á redacción do plan de usos do Teatro Cine Fraga no primeiro encontro aberto á cidadanía do que ambos os dirixentes destacaron a ampla asistencia, que demostra que “o Fraga conta con moi bos valedores”, afirmou o dirixente provincial. No encontro, que tivo lugar na Delegación da Xunta en Vigo, participaron representantes do tecido asociativo e cultural, así como particulares da cidade de Vigo e do conxunto da provincia. “Vós ides definir a nova vida do Fraga e ides garantir que medre como un centro cultural referente para Vigo, a provincia, Galicia e todo o noroeste de España”, subliñou López, nunha reunión na que tamén participou a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez.

Antes de ceder a palabra aos asistentes, o titular do goberno provincial salientou a importancia desta reunión, “unha cita xusta”, coa cidadanía viguesa e con membros da industria cultural viguesa para recibir a atención que merecen. Neste sentido, Luis López referiuse á implicación —“desde o minuto un en que o avanzou o presidente Rueda”— do organismo provincial na reapertura do Fraga como mostra do compromiso da Deputación coa cultura e o apoio ao sector cultural de Vigo e da provincia.

Así mesmo, Luis López fixo fincapé na vontade da Deputación e da Xunta de escoitar aos distintos estamentos da sociedade para elaborar o plan de usos para o cine Fraga dun xeito aberto e participativo. Un talante que tivo unha moi boa acollida por parte da cidadanía como demostran os centos de propostas recibidas na caixa de correos habilitada para deseñar o futuro do Cine Fraga.

Vigo, no centro da axenda investidora da Deputación

A necesaria colaboración institucional entre a Deputación e a Xunta para adquirir o inmoble por 9,3 millóns de euros para volver abrir as súas portas despois de máis dunha década sen uso é outro dos aspectos que destacou López durante o encontro. “A colaboración institucional é moito máis útil que a crispación, o Fraga é un exemplo”, afirmou o dirixente. Unha aposta da Deputación polo cine Fraga que demostra que “Vigo está no centro da axenda investidora da Deputación”, defendeu López. Un esforzo investidor na principal cidade de Galicia que non se limita unicamente ao Fraga senón que acada os 30 millóns de euros ao incluír a reforma da Grada de Gol de Balaídos ou as actuacións para as rampas de Pintor Colmeiro, a humanización de San Roque ou a mellora da accesibilidade en Juan Ramón Jiménez.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

“Cumprir a palabra dada”, resumiu Luis López as accións que está a levar a cabo a Deputación e a Xunta co Cine Fraga, que despois de formalizar a compra segue avanzando cara a súa reapertura, primeiro co inicio do proceso participativo e agora coa primeira reunión cos colectivos. “Imos en serio”, insistiu o mandatario provincial, antes de dar as grazas a todos os asistentes por asistir a esta convocatoria, polo interese polo plan de usos e por manter a demanda de recuperar o Cine Fraga. “Deputación e Xunta estamos a cumprir o desexo de Vigo, rematou.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.