spot_img
InicioBaixo MiñoRedondela, epicentro da cuarta edición do Foro da Muller Rural Galega de...

Redondela, epicentro da cuarta edición do Foro da Muller Rural Galega de EuRural

redondela-epicentro-da-cuarta-edicion-do-foro-da-muller-rural-galega-de-eururalAo abeiro do Día Internacional das Mulleres Rurais, o 18 de outubro celebrarase un encontro de networking no que as 15 protagonistas compartirán a súa experiencia rompendo barreiras no rural

Revista Cousas De Nº22

EuRural dá de novo o protagonismo que merecen ás mulleres rurais, mulleres que representan a todas aquelas que rompen barreiras e todos os teitos posibles para facer do rural un lugar máis igualitario. A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural conmemora un ano máis o Día Internacional das Mulleres Rurais, co seu Foro da Muller Rural Galega, unha iniciativa que chega á súa cuarta edición dando voz a todas as mulleres que apostaron por formar parte do rural traballando, vivindo, transformando e axudando a mellorar o territorio.

Como explica a presidenta de EuRural, Sandra González, con esta iniciativa búscase “recoñecer o traballo destas mulleres excepcionais que coas súas historias son un exemplo de esforzo, resiliencia e liderazgo. Estamos ante unha oportunidade única de visibilizar o seu labor, que seguro inspirará a futuras xeracións. Seguiremos traballando para apoiar e promover o papel crucial das mulleres no desenvolvemento do rural e fortalecer a colaboración entre elas, dando paso de seguro a novas iniciativas no noso territorio”.

A Casona da Torre de Redondela será o escenario no que o vindeiro mes de outubro se darán cita as 15 protagonistas deste ano, 15 mulleres que compartirán experiencias visibilizando a súa realidade liderando proxectos, emprendendo ou poñéndose ao fronte e abrindo camiño para as máis novas en sectores tradicionalmente máis masculinizados. Como novidade, este ano o Concello de Soutomaior, que xa forma parte do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, incorpórase tamén a esta iniciativa, que na súa cuarta edición ten un marcado sabor a mar.

Para a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, “é un verdadeiro orgullo acoller esta cuarta edición que nos permitirá resaltar o valor e a dedicación das mulleres do noso dos 14 concellos do territorio que están a deixar unha pegada inesquecible no rural. Este ano a presenza de mulleres do mar de Redondela engade un significado especial ao foro para nós, xa que nos permite dar visibilidade ás historias de esforzo e superación de mulleres que traballan día a día para enriquecer as nosas vilas e preservar as nosas tradicións”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O vindeiro 18 de outubro as mulleres protagonistas reuniranse nun encontro de networking que comezará ás 18.00 horas coa inauguración oficial. Tras a apertura do acto, chegará a quenda de compartir experiencias e visibilizar realidades coas intervencións das 14 protagonistas deste ano e a proxección de pequenas pezas audiovisuais para coñecelas un pouco máis. Nesta edición, as mulleres que participarán son:

  • María del Carmen Martínez, do comercio María Rosa (A Guarda).
  • Loreto Valenzuela, de Academia Royal Celtic Bay (Baiona).
  • Purita Caeiro, de Ultramarinos Caeiro (Gondomar).
  • Lucrecia María García, de Kiriko Aventura (Fornelos de Montes).
  • Lara Pereira, da tenda de hípica Equipemos (Mos).
  • Puri, peixeira de Nigrán.
  • Cristina Cisne, do Albergue da Estrela en Oia.
  • Celia Diz, da Farmacia Peralba no Porriño.
  • Liliana Vázquez, do restaurante brasería ‘La Renovadora’ (Pazos de Borbén).
  • Nisi Otero, mariscadora de Redondela.
  • Silvia Diego, condutora de autobús do Rosal.
  • Carmen Álvarez, precursora da vida cultural e asociativa en Soutomaior.
  • María Gela, mestra no CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño.
  • Luz Ruibal, xerente da Eléctrica de Tui.

Tras este momento de encontro, procederase á lectura do manifesto da muller rural galega e celebrarase o acto de entrega de recoñecemento á muller homenaxeada nesta edición, que será veciña de Redondela.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse xa a través dun formulario habilitado na páxina web de EuRural, onde se poderá atopar tamén máis información sobre esta xornada e sobre as edicións anteriores.

 

- Publicidade -spot_img