Inicio Baixo Miño Depósitos Coballes doa 800 kg en alimentos que se distribuirán entre o...

Depósitos Coballes doa 800 kg en alimentos que se distribuirán entre o Concello do Rosal e a asociación Conrazones

Depósitos Coballes doa 800 kg en alimentos que se distribuirán entre o Concello do rosal e a asociación ConrazonesA empresa Depósitos Coballes doa alimentos ao Rosal para axudar a paliar a situación de emerxencia social. Serán 800 kg de produtos alimenticios e 200 paquetes de cueiros que se distribuirán entre o Concello rosaleiro e a asociación Conrazones

A empresa rosaleira Depósitos Coballes tamén quere achegar o seu gran de area para axudar a paliar as situacións de emerxencia social facendo unha importante doazón de alimentos ao Concello do Rosal, produtos de primeira necesidade que irán destinados a aquelas familias máis vulnerables. En total serán 800 quilos de alimentos e 200 envases de cueiros que a empresa cedeu ao Concello e á asociación Conrazones para distribuír entre a poboación que atravesa máis dificultades e que o Concello do Rosal comezará a entregar o vindeiro luns 4 de maio a través do seu reparto habitual de comida.

Todos os alimentos recadados foros comprados pola propia empresa pero tamén achegados polos seus traballadores e traballadoras, que quixeron deste xeito colaborar de xeito activo coa iniciativa. “Non podemos máis que dar as grazas a Coballes e a toda a súa plantilla por este xesto de solidariedade e por preocuparse por aquelas persoas que peor o están pasando nestes intres, a pesar de que a crise sanitaria conlevou dificultades para todos e todas. Iniciativas como esta son moi necesarias para facer fronte ao incremento de situacións de emerxencias que trouxo consigo o COVID-19”, sinalou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Xunto con este alimentos e cueiros, a empresa rosaleira tamén quere achegar o seu gran de area ao persoal sanitario, polo que doará medios de protección individual, gafas, mascarillas, pantallas e hidroxel ao centro de saúde da Guarda, que nestes intres centraliza a todos os pacientes do Rosal con sospeita de afección respiratoria por coronavirus.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies