·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioBaixo MiñoA GuardaDeportistas do Club Alagua da Guarda participan na Copa de España de...

Deportistas do Club Alagua da Guarda participan na Copa de España de Vaurien

Deportistas do Club Alagua da Guarda participan na Copa de España de Vaurien
Foto .- Brais Acevedo

Do 1 ao 4 de abril celebrouse a Copa de España de Vaurien nas Pontes, onde participou unha tripulación mixta conformada por Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club deportivo Alagua da Guarda.

Aínda que na regata do venres acadaron un primeiro posto na clasificación provisional, as duras condicións meteorolóxicas que precederon nos seguintes días, fixeron caer á tripulación do Club guardés ata o cuarto posto quedándose ás portas do pódium.

Na Copa de España tamén participou Maruxa Sío, deportista do Club Alagua que competiu por Vertigo Sailing xunto coa catalana Anna Solé Dolcet, rematando coma subcampionas da Copa de España da categoría feminina.

Deportistas do Club Alagua da Guarda participan na Copa de España de Vaurien
Foto .- Brais Acevedo

Dende o Club Alagua destacaron “queremos felicitar especialmente a estes navegantes, e animar aos deportistas a retomar os adestramentos e as competicións despois do parón que obrigou a cancelar e pospor infinidade de eventos.”

O concello da guarda fai extensiva esta felicitación aos deportistas locais do Clube Alagua, destacando a práctica deportiva con todas as medidas de seguridade e agardando que, pouco a pouco, podan ir retomando a intensa actividade que tiñan antes do inicio da pandemia da covid-19.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies