Inicio Baixo Miño 'DepoFroito' chega ao Rosal para formar e impulsar as producións de froitos...

‘DepoFroito’ chega ao Rosal para formar e impulsar as producións de froitos do bosque

'DepoFroito' cheaga ao Rosal para formar e impulsar as producións de froitos do bosqueEste programa da Deputación de Pontevedra inclúe 20 h de formación en liña e un taller práctico o 11 de marzo no centro de formación ocupacional A Mata

Impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos e de calidade e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade. Estes son os obxectivos principais de ‘DepoFroito’, unha acción formativa de balde posta en marcha pola Deputación de Pontevedra e que chega ao Rosal o vindeiro mes de marzo. O curso, destinado a persoas empregadas ou desempregadas inscritas como demandantes de emprego, contará con 20 horas de formación en liña relacionadas con accións de innovación social sobre o emprendemento ou a internacionalización neste sector e cun taller informativo que terá lugar o 11 de marzo no centro de formación ocupacional da Mata, no Rosal, en horario aínda por determinar.

A través dunha experiencia innovadora de formación e de acompañamento específico, as persoas participantes coñecerán as oportunidades de negocio que ofrece o sector dos froitos do bosque e afondarán en aspectos como a tramitación de axudas e subvencións ou a elaboración de plans de viabilidade técnica, económica e financeira, entre outros. Todo a través de dúas innovadoras ferramentas en liña: un simulador de negocio sobre o cultivo e a comercialización de froitos do bosque e unha aplicación para facilitar a internacionalización das vendas cunha serie de recomendacións de actuación. Ademais, cada persoa participante contará cun servizo de asesoría e consultaría en liña gratuíto coa que sexa máis doado xestionar a creación e mantemento de empresas relacionadas co cultivo, elaboración e transformación de froitos do bosque.

Con iniciativas como ‘DepoFroitos’ búscase “formar aos rosaleiros e rosaleiras e fomentar as ideas de negocio que sirvan para promover o desenvolvemento sustentable da nosa contorna e crear emprego de calidade. Temos que ofrecer solucións creativas e innovadoras aos retos que temos diante, como pode ser a xeración de postos de traballo con medidas sustentables e respectuosas co medio ambiente dando valor engadido aos produtos cultivados no municipio”, salientou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo acudindo á Axencia de emprego do Concello do Rosal ou chamando ao 986 625 000, escribindo un correo a depofroitos@depo.es ou ben a través do teléfono 886 210 725 extensión 40734. Non hai data límite para inscribirse.

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Formación e Educación (POEFE) e a Fundación Biodiversidade a través do Programa EmpleaVerde do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies