spot_img
InicioAlto MinhoDáse un paso mais no fortalecemento do proxecto transfronterizo Tomiño-Cerveira

Dáse un paso mais no fortalecemento do proxecto transfronterizo Tomiño-Cerveira

dase-un-paso-mais-no-fortalecemento-do-proxecto-transfronterizo-tomino-cerveira

Coa sinatura do protocolo concurso de ideas para a  construción dunha ponte peonil entre ás localidades fronteirizas de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, dáse un paso mais no fortalecemento do proxecto transfronterizo.

No marco incomparable que ofrece o Espazo Fortaleza de Goián, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira asinaron o pasado 8 de xulio un protocolo de colaboración para realizar o concurso de ideas que definirá a imaxe da nova ponte peonil sobre o río Miño.

Estiveram presentes a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, o presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra González e o deputado provincial de Mobilidade de Pontevedra, Uxío Benítez, que reforzaron a importancia deste proxecto. “Este romper de fronteiras deixará unha pegada no só a nível político, tamém nas própias relacións das próximas xeracións de este território” defendeu Carmela Silva.

O obxectivo da construción da ponte é a unión do Parque Castelinho de Vilanova de Cerveira e o Espazo Fortaleza de Tomiño, dous espazos de ambas beiras do rio Miño que se unirán nunha única área de lecer e esparexemento, de carácter singular e proxección eurorexional.

Esta será unha localización xestionada de xeito conxunto para promocionar iniciativas de animación cultural e tradicionais, de ocio, deporte, coñecemento da memoria ambiental do río comúns dos dous lados do río.

Así, a realización da nova infraestrutura peonil permitirá incrementar as relacións entre ambas comunidades cunha comunicación directa dos núcleos urbanos de Goián-Tomiño e de Vilanova de Cerveira.

Ademais, a ponte facilitará a comunicación eurorrexional ferroviaria, xa que a estación da vía Vigo-Porto (en proceso de modernización) está situada nas inmediacións do Parque de O Castelinho e pasará a ser facilmente accesible para os veciños da contorna.

A construcción da nova ponte vén de presentarse para cofinanciamento á primeira convocatoria do programa INTERREG VAI España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 como parte dunha acción denominada ‘Cualificación e promoción do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza’, dentro da candidatura denominada ‘Conservación e Mellora do Río Miño Transfronteirizo. Visit Río Minho’. Esta foi promovida pola Deputación de Pontevedra xunto á Comunidade Intermunicipal de Alto Minho (CIM) e municipios portugueses do río en xaneiro deste ano.

O presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, no ámbito da cerimónia de sinatura, referiu, ainda que “as pontes entre as populações de Vila Nova de Cerveira e Tomiño estão já estabelecidas pelo que esta nova travessia vem potenciar este fenómeno transfronteiriço, que se pretende que seja um símbolo da cooperação europeia” e afirmou “Está dado mais un paso máis no fortalecimento da identidade europeia e de sentido de pertença comum”

Por a súa banda, Sandra González subliñou, que “o recoñecimento deste espaço natural trará luz ao Rio Miño, permitindo apagar os límites físicos con a creación de un ecosistema único”.

Na súa intervención, Uxío Benítez, asegurou que “preténdese fomentar a identidade europea, o sentido de pertenza común dun espazo que naturalmente xa constitúe unha unidade, xa que se trata do treito máis estreito do río, con só 180 metros de distancia, que a xente historicamente percorría a nado porque consideraba súas tanto unha beira como a outra”.

De acordo con o protocolo asinado, cabe a Deputación Provincial de Pontevedra a abertura do Concurso Internacional de Ideias para a redacción do anteproxecto e, en colaboración con a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, será igualmente responsable da elaboración do documento base que regulamentará a abertura de concurso, cuxa abertura está prevista para setembro deste ano. As propostas deverán ser presentadas em galego e português, sendo que o vencedor será responsable da elaboración do anteproxecto.

Foto//CVNC

- Publicidade -spot_img