Inicio Baixo Miño A Guarda Da man de O Teu Xacobeo preséntase na Guarda 'O Camiño Aguárdate'

Da man de O Teu Xacobeo preséntase na Guarda ‘O Camiño Aguárdate’

Da man de O Teu Xacobeo preséntase na Guarda 'O Camiño Aguárdate'O Concello da Guarda acolleu este mércores día 27 de novembro de 2019 a presentación do Proxecto «O Camiño Aguárdate», un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.

A presentación contou coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e representantes de A Jalleira AFEA e da Comunidade de Montes de Camposancos.

O proxecto pretende sensibilizar, especialmente entre a poboación local, os valores que o camiño representa a nivel cultural, natural, e sobre todo social. O presente proxecto pivota sobre a divulgación dos valores ambientais e patrimoniais da ruta e sensibilización sobre a evolución socioeconómica e o impacto percibido, implicando a peregrinos e poboación local, abrindo pontes a coñecer a experiencia dos peregrinos.

Xornada Medioambiental

Da man de O Teu Xacobeo preséntase na Guarda 'O Camiño Aguárdate'A primeira actividade de «O Camiño Aguárdate» terá lugar os días 6 e 7 de decembro cunhas Xornadas Medioambientais nas que se inclúen unha andaina guiada entre A Pasaxe e un espazo do Monte Santa Trega onde se realizará unha reforestación, que será a segunda actividade proposta, en colaboración con A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de decembro enviando un correo a turismo@aguarda.es ou chamando ao 986614546, As prazas son limitadas.

Esta actividade consta dunha ruta polo tramo do Camiño de Santiago entre A Pasaxe e A Sangriña, que se correspondería coa entrada en Galicia do Camiño de Santiago pola Costa. Nesta ruta falarase sobre a temática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, dando a coñecer as especies autóctonas forestais que convivían antigamente no camiño.

A actividade pecharase cunha plantación de especies autóctonas nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos, na que se ensinará e explicará os asistentes a forma correcta de plantación e do seu posterior mantemento.

Maís actividades

«O Camiño Aguárdate» traerá á Guarda ademais unhas Xornadas Divulgativas sobre o Camiño de Santiago e visitas teatralizadas.

Da man de O Teu Xacobeo preséntase na Guarda 'O Camiño Aguárdate'As Xornadas Divulgativas contarán coa participación de especialistas universitarios e do mundo empresarial co obxectivo de debater sobre o Camiño de Santiago e a súa evolución e atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila, realizaranse en varias sesións no vindeiro ano 2020.

As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies