spot_img
InicioVal MiñorNigránCurso de soldadura en Nigrán

Curso de soldadura en Nigrán

e soldadura semiautomática MAG/MIG O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para un curso de soldadura semiautomática MAG/MIG para homologacións 2G e 3G, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas e empadroadas no municipio que posúan, como mínimo, o graduado escolar.

Neste curso o alumnado adquirirá os coñecementos teórico e prácticos específicos e de perfeccionamento do proceso de soldadura semiautomática MAG-MIG, podendo ser acreditados, todos aqueles que superen o curso, a través das correspondentes homologacións da European Welding Engineer (EWF).

O Concello sufraga íntegramente esta acción, o que supón unha moi boa oportunidade para as persoas interesadas neste tipo de formación, non só pola súa calidade, senón tamén polo importante aforro económico que supón dita financiación completa.

Esta actividade, que se impartirá no Centro Antena e nas instalacións que a empresa Tesol Group, ten situadas na cidade de Vigo, terá unha duración de 135 horas de formación teórico-práctica, incluindo un módulo específico de prevención de riscose soldadura semiautomática MAG/MIG laborais.

O curso desenvolverase do 3 de novembro ao 11 de decembro, de luns a venres, en horario de tarde. Ademais, en función dos resultados acadados polo alumnado, esta programación poderá complementarase cun total de 40 horas de prácticas en empresas que se irán concretando a medida que avance a formación.

O prazo de inscricións estará aberto do 23 ao 29 de outubro, poñendo a disposición dos veciños de Nigrán, un total de 15 prazas. As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude e o seu CV no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena de Nigrán, no Departamento de Emprego Municipal e na páxina web deste concello www.nigran.org.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Concello, no 986 365 000 e no Centro Antena de Nigrán, no 986 366 572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.