spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona, homologada como destino de “Europe Senior Tourism 2014”

Baiona, homologada como destino de “Europe Senior Tourism 2014”

Baiona, homologada como destino de “Europe Senior Tourism 2014”Esta mañá, tivo lugar en Madrid, na Secretaría de Estado de Turismo, o acto de presentación do programa “Europe Senior Tourism 2014-2015”, e posterior xornada de traballo entre destinos e comercializadoras para negociar os paquetes, concretando os detalles das aportacións incluidas en cada candidatura.

Ó   acto e á xornada de traballo acudiron, en representación de Baiona, a concelleira de turismo, María Iglesias, e persoal técnico de turismo do Concello.

A candidatura de Baiona, foi incluída na proposta dunha das comercializadoras homologadas, en concreto a presentada por Euroseniors, que é a marca europea de Mundosenior, organizadora dos paquetes do Imserso en España.

 Baiona é un dos 29 destinos nacionais homologados para participar neste proxecto.

Os mercados nos que está previsto que se comercialice Baiona son: Alemaña, Reino Unido, Francia e Suecia.

“Europe Senior Tourism 2014-2015”, é unha iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo que xestiona SEGITTUR ( Sociedad Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas), que consiste no deseño e organización dun sistema de viaxes destinados a cidadáns europeos de máis de 55 anos que viaxen a España en tempada media e baixa.

Este programa, que naceu pola necesidade de frear o problema da estacionalidade, xa atraiu a máis de 140.000 turistas, de 16 nacionalidades diferentes, en anteriores edicións.

- Publicidade -spot_img