Inicio Val Miñor Baiona Cun concerto dos Gin Toni's arranca este mércores a programación do verán...

Cun concerto dos Gin Toni’s arranca este mércores a programación do verán en Baiona

Cun concerto dos Gin Toni's arranca este mércores a programación do verán en BaionaEste mércores arranca en Baiona a programación do Baiverán 2020. Un programa variado de propostas culturais que, baixo o lema “Refúxiate na cultura”, ten o propósito de cubrir o espazo de lecer de habitantes e turistas logo de tantos meses de incertidume e confinamento.

Todas as actividades do Baiverán están supervisadas por un técnico en prevención que se encargará de controlar que se cumpran as normas marcadas polas autoridades sanitarias para a nova normalidade

O primeiro evento do Baiverán 2020 se celebrará este mércores, ás 23:00h., no Parque da Palma. Trátase do concerto dos Gin Toni´s, un grupo cun directo fresco, un repertorio repleto de  conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena. Os Gin Toni´s transportarán ao público ás decadas douradas da música española facéndolle un tributo ao pop rock do noso país.

Xoves e venres

O xoves continúa a programación co concerto de “Two in the mirror”, o dúo formado por Paco Dicenta e Noelia Álvarez que fan versións de soul, pop, jazz e funk. Será ás 23:00h. no Parque da Palma.

O venres será a quenda do cine na rúa coa proxección do filme “Superlópez”, na Praza Victoria Cadaval, ás 23:00h.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies