Inicio Galicia Cumprimos dez anos!

Cumprimos dez anos!

Cumprimos dez anos!Tal día como o de hoxe de hai 10 anos, saía á rúa a primeira edición da nosa revista COUSAS DE e o primeiro que queremos facer é dar as grazas a todas as persoas que facedes posible, co voso respaldo e agarimo ao proxecto, esta aventura independente que se vai construíndo soño a soño, revista a revista.

Nacemos nun momento no que os medios de comunicación vivían (aínda hoxe) tempos difíciles. Pero todo cambiou cando decidimos comezar a editar a nosa revista cunha cobertura comarcal … ,no Val Miñor. Pasaron anos, que nos deixaron moitas historias que contar, moitos obstáculos superados e tamén un soño cumprido, o dun proxecto que se consolida e un medio de comunicación que se afirma na súa credibilidade e calidade, algo que conseguimos grazas a todas as persoas que ao longo destes sete anos, colaboraron achegando a súa experiencia e coñecementos. Sempre cunha idea clara do que queriamos contar, a publicación que facemos chegar ao lector é un produto que foi “mimado” e coidado en todos os seus detalles .

Co tempo fomos crecendo, e hai catro anos incorporamos unha nova edición para BAIXO MIÑO, e engadimos novos propósitos, como o de informar sobre todo o que sucede en relación ás iniciativas que se toman nese espazo común que é o Rio Miño, contribuíndo na medida do posible á construción e fortalecemento dun futuro común, dando a coñecer todo aquilo que se está a facer na mobilidade, accesibilidade, na protección do Medio Ambiente e en definitiva, na da calidade de vida das persoas.
Nesa liña, tomamos a decisión de seguir editando no sur da provincia, que é o noso territorio natural, iso sí, axuntando toda a información nunha soa revista, con máis páxinas e máis reportaxes. Porque hai moitos asuntos que son de interese compartido entre os diferentes concellos e algúns, que suscitan gran interese mesmo entre diferentes comarcas. Quero lembrar por exemplo: EURURAL, DESTINO GALICIA ou, COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA-AECT RÍO-MIÑO
POR QUÉ COUSAS DE?
Fué Castelao quen nos inspirou desde o primeiro momento coa súa obra COUSAS.
É a súa creación editorial máis orixinal e coa que inventa un xénero novo e moi persoal. Nun tempo no que soamente se falaba daqueles que sobresaían na vida social, a política, etc. el puxo o acento en contar as cousas da xente, dunha maneira que todo o mundo entendía.
OBXETIVOS E LIÑA EDITORIAL
En COUSAS DE temos como obxetivo achegar ao lector a través das nosas páxinas e dunha maneira moi coidada, todo o que de extraordinario temos preto de nós e descrito por aqueles que mellor o coñecen, poñendo especial atención no Patrimonio Natural e Cultural, no Medio Ambiente e nun aspecto importantísimo na nosa sociedade, as asociacións solidarias e aquelas accións organizadas con este fin, onde cada día centos e centos de persoas dedican unha parte moi importante da súa vida para que aquelas persoas que o necesitan, teñan unha vida mellor.

CELEBRACIÓN                                                                                                                                           Neste tempo de confinamento imprescindible, non podemos celebralo xuntos, como tiñamos previsto. Ainda así, desde COUSAS DE queremos facerche compañía estes días, publicando contidos, que esperamos sexan do voso interese, en Twitter, Facebook ou LinkedIn e tamén na nosa WEB.

Serán reportaxes de edicións anteriores e tamén anticiparemos algúns das reportaxes que incluímos no número de primavera (que teredes nas vosas mans en canto levántese a alerta)

Queremos darvos as grazas por estar aí sempre. Por continuar confiando no noso medio, mesmo nestes días tan difíciles. Estamos a desexar volver vervos e compartir convosco un novo número da nosa revista. Mentres ese día chega, cuídaros moito e #QuedarNaCasa!!

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies