spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCristina Palacios impartirá unha conferencia no Auditorio de Gondomar no marco da...

Cristina Palacios impartirá unha conferencia no Auditorio de Gondomar no marco da mostra “Sorrisos Transformadores”

Asistirán a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, xunto ao alcalde de Gondomar, Francisco FerreiraÁ conferencia impartida pola presidenta de ARELAS, no Auditorio de Gondomar, asistirán nenos e nenas do IES Terra de Turonio e do IES Auga da Laxe

Na charla, Cristina Palacios, presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans* ARELAS. afondará sobre a situación do colectivo LGTBI, aportará a súa experiencia persoal e responderá ás dúbidas e cuestións que poidan xurdir.

A conferencia, á que asistirán a deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, xunto co alumnado e profesorado do IES Terra de Turonio e do IES Auga da Laxe, está encadrada na inauguración da mostra “Sorrisos Trans-formadores”, un proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI posto en marcha pola institución provincial en colaboración con ARELAS.  Esta mostra está aberta dende o pasado mércores 2 de maio e estará dispoñible ata o  ata o 16 de maio, en horario de 16.00 a 20.00 horas.

“Sorrisos Transformadores” é unha exposición itinerante que vén de percorrer varios concellos da provincia e que consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista ou sobre a súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de relevancia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas  pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

A finalidade de “Sorrisos Trans-formadores” é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a exposición compleméntase cunha oferta de charlas informativas, como a que terá lugar, destinadas á comunidade escolar.

- Publicidade -spot_img