A través do departamento de servizos sociais do Concello da Guarda quérese poñer en funcionamento unha rede de apoio veciñal para ofrecer unha atención personalizada ás persoas que vivan soas ou a outros colectivos con necesidades.
Ante esta situación de emerxencia polo COVID -19 o obxectivo do servizo é ofrecer un acompañamento afectivo a distancia para previr a soidade a través de chamadas telefónicas cun grupo de voluntariado, fomentando así as relacións interxeracionais.
Sabías que no teu barrio viven persoas maiores? É probable que leven días sen saír da casa e sen falar con ninguén… Coñeces a algunha persoa que poida necesitar axuda?
Outro dos obxectivos é recuperar e afianzar as relacións veciñais de toda a vida, xa que consideramos que é a mellor forma de previr a soidade das persoas.
Os servizos sociais a través de chamadas telefónicas cun grupo de persoas voluntarias contactará coas persoas maiores susceptibles de recibir este apoio. Deste xeito identificarémolas, recolleremos as súas necesidades e activaremos un proceso de resposta.
Teléfono para formar parte da rede de apoio veciñal fronte ao COVID-19: 986 614 507 (servizos sociais).
Se tes coñecemento dalgunha persoa que se sinta nesta situación ou consideras que poida haber outra persoa que non estea dentro deste colectivo pero precisa de apoio, cháma. O teléfono a través do cal podes contactar para formar parte desta rede veciñal é o 986 614 507 (servizos sociais).



