spot_img
InicioBaixo MiñoCousas de Castelao chega a Tomiño

Cousas de Castelao chega a Tomiño

cousas-de-castelao-chega-a-tomino

O alumnado do IES de Tomiño gozará do proxecto teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia, a partir do libro Cousas de Alfonso Daniel R.Castelao.

A representación terá lugar o venres 10 de febreiro, ás 12:15 na Casa de Cultura do Concello de Tomiño, onde máis de 200 nenos e nenas do Instituto achegáranse a este clásico da literatura galega, e tamén ao seu autor, Castelao, un dos grandes renovadores da nosa prosa e tamén un dos que mellor entendeu e representou o pobo galego.

Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado, pero que ten moito de global e de atemporal.

O alumnado asistente á representación teatral recibirá un exemplar escrito da obra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.