spot_img
InicioO SalnésCores Tourís anunciou en O Grove a publicación das axudas para accesibilidade...

Cores Tourís anunciou en O Grove a publicación das axudas para accesibilidade e sinalización de recursos turísticos no medio rural

Cores-Tourís-anunciou-O Grove-publicación-axudas-accesibilidade-sinalización-recursos-turísticos-medio-ruralO delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 1,6 millóns de euros destinados a este fin para toda Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de O Grove para anunciar a publicación hoxe, a través da Axencia Turismo de Galicia, no DOG das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural.

O delegado territorial, que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Miguel Ángel Pérez, destacou o feito de facer públicas estas axudas no concello meco, “ao ser este a porta do Camiño do Mar de Arousa, e por tanto, referente no eido dun dos elementos etnográficos galegos que maior atracción turística concentra, o Camiño de Santiago, así como por ser tamén un dos concellos de maior interese turístico dentro da comarca de O Salnés, que a súa vez é tamén un dos puntos de maior concentración de visitantes con que conta Galicia”.

Cores Tourís destacou que o obxecto destas axudas é o fomento da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural. “Deste xeito”, explicou o delegado territorial, “poden ser obxecto destas axudas os accesos e sinalizacións a praias marítimas e fluviais, aos bens de interese cultural, así como aos espazos naturais como miradoiros e rotas de sendeirismo, sempre que non se atopen en Rede Natura ou vaian a ser financiados a través das obras do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar”.

As actuacións que poden realizar os concellos e que son obxecto destas axudas poden ser a construción, ampliación e mellora de aparcamentos para o acceso a estes recursos; a pavimentacións de pasarelas, ramplas e a eliminación de barreiras arquitectónicas; a construción e rehabilitación das instalacións que contribúan a mellorar as instalacións que permitan a circulación de visitantes e a dotación de equipamentos e a sinalización con información visual e táctil.

Estas axudas contan cun orzamento de case 1,6 millóns de euros para toda Galicia (tendo en conta o IVE que aportarán os municipios beneficiarios), e os concellos poderán presentar proxectos que no superen o importe máximo de 50.000 euros.

O alcalde de O Grove, pola súa banda, agradeceu ao delegado a súa presenza nesta localidade e que elixira esta vila para facer público o anuncio destas axudas, destacando que “estamos xa a traballar para solicitalas, xa que, por exemplo, somos conscientes da importancia de mellorar o entorno de Moreiras ou a sinalización das nosas zonas turísticas”.

A intensidade da axuda poderá acadar ata un máximo do 100% do custo elixible (IVE excluído) subvencionables por entidade beneficiaria. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader, nun 75%, con fondos do Ministerio de Agricultura nun 12,13%, Alimentación e Medio Ambiente e un 12,87% de fondos propios da comunidade autónoma.

Poden concorrer todolos concellos que teñan algún recurso turístico no ámbito rural, salvo as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

- Publicidade -spot_img