Convento do Carme de Padrón, é unha boa mostra do neoclásico galego. Edificouse sobre rocha viva a comezos do século XVIII grazas á achega económica de Alonso da Pena e Montenegro, padronés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Situado no alto da Costiña do Carme que marabillosamente enlousada e sen asfalto por ningures, ascende ata o convento, primeiro dos Carmelitas Descalzos e despois pasou aos Dominicos a principios do século XX, abandonandoo na década dos oitenta debido o mal estado do edificio, quedando o seu cargo un só dominico, que é o que dí misa normalmente.
O convento do Carmen ben sendo unha boa mostra do neoclásico galego, convertido en espontáneo mirador sobre a vila.
Edifícase sobre rocha viva a comenzos do século XVIII, entre os anos 1732-1737, coa aportación económica do Arzobispo de Quito, Alonso de la Peña y Montenegro, padronés que chegou a ser rector da Universidade Compostelana e que donou cuarenta mil pesos para a súa fundación.
Na actualidade, pódese velo interior; un corpo de tres naves, claustro entre outras cousas. Grazas a subvencións públicas estanse facendo labores de restauración por parte de diversas escolas de oficios que teñen aquí o seu centro de aprendizaxe como carpintería, cantería ou cerraxería, dirixido e supervisado polo dominico.
A parte máis interesante é a súa fachada cun corpo central flanqueados por outros dous corpos que serían para unhas torres que nunca se chegarían a construir. O seu corpo central reproduce exactamente a disposición e organización da Encarnación, de Madrid, coa única diferencia de que as dúas xanelas, que no exemplo madrileño ábrense a cada lado da fornela sobre a entrada central, aquí están substituídas por dous escudos.
Fuente// Concello de Padrón e Patrimonio Galego



