spot_img
InicioVigo e áreaVigoConsellería de Medio Ambiente remata as actuacións de mellora no regato do...

Consellería de Medio Ambiente remata as actuacións de mellora no regato do Vao ao seu paso pola parroquia de Coruxo, no concello de Vigo

Consellería-Medio-Ambiente-remata-actuacións-mellora-regato-Vao-seu-paso-parroquia-Coruxo-concello-VigoA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de finalizar as obras de mantemento e conservación sobre o regato do Vao ao seu paso polo camiño de Abade Nº3, pertencente ao concello de Vigo.

Os labores consistiron na roza selectiva e na eliminación da masa de bambú e de atascos formados por ramas e restos vexetais. Ademais tamén se procedeu á reparación da marxe dereita do regato cunha manta orgánica.

O importe destas actuacións alcanzou, de forma aproximada, os 9.500 euros

O importe dos traballos foi de case 9.500 euros e mellorouse o estado do leito do río nun treito de 100 metros. Nas imaxes pode apreciarse o estado do curso fluvial antes, durante e despois da execución das labores.

Estas accións están enmarcadas no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa da Xunta de Galicia

Estas accións están enmarcadas no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia está a desenvolver.

Pulo ás actuacións de conservación e limpeza
Grazas ao Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, que inclúe as medidas Consellería-Medio-Ambiente-remata-actuacións-mellora-regato-Vao-seu-paso-parroquia-Coruxo-concello-Vigonecesarias para axilizar a limpeza dos ríos e as actuacións de emerxencia en época de seca, -entre outros puntos- a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reduce de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles da Demarcación Galicia-Costa e evitar riscos de asolagamentos.

Coa nova normativa só será necesario que o particular ou administración local correspondente comunique con 15 días de antelación as tarefas a executar a Augas de Galicia. Trátase dunha axilización fronte aos trámites actuais, que se traducen nunha duración de entre 4 e 6 meses por expediente. A día de hoxe, realizar este tipo de actuacións precisa unha presentación da solicitude, especificando o tramo e os traballos de limpeza, visita da gardería, informes técnicos e proposta-resolución.

A simplificación no procedemento fomenta a vontade para mellorar os leitos da Demarcación Galicia-Costa, xa que a actual xestión provocaba que os solicitantes perderan a motivación de levar a cabo esta mellora e acción de mantemento nos ríos.

- Publicidade -spot_img